Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Peñasco B 3 – 2 Alevín
Partido moi competido que de novo remata en derrota. Comezamos adiantándonos no marcador, chegando ao descanso co 0-1, pero unha segunda metade de peor nivel de concentración e máis erros viu chegar os tres goles do rival por un noso, nun partido que poderiamos ter gañado pero no que a actitude foi de máis a menos. Moita debilidade en xogadas a balón parado, nas que haberá que seguir traballando duro.
Choco B 1 – Xuvenil 1
Sabor moi agridoce o que nos levamos de Redondela…enfrontabamonos a un dos galos da liga e marchamonos coa sensacion de perder dous puntos.
Primeira parte disputada onde os rivais tiveron mais o balón pero apenas crearon peligro e se adiantaron nun mal despexe da nosa defensa.
A segunda metade foi un monólogo verde. O equipo robou moitisimos balons no medio campo e creou moitas contras que non supo rematar, un por outro ninguen tiraba a gol…unha verdadeira magoa.
Gol: Nuga.
Nieto B 3-3 Cadetes
Partido malo dos rapaces, que non souberon ter a paciencia necesaria para dominar o encontro a través do balón. Superioridade técnica e física que non puidemos aproveitar polo cúmulo de precipitacións, golpeando o balón como primeiro recurso en vez de intentar combinar. Dous goles a balón parado e un tras robo en saída ao rival permítenos empatar o partido e sumar a nosa terceira xornada sen perder. Fai tres semanas o obxectivo era gañar os 4 seguintes partidos, de momento se empataron dous e se gañou un, esperamos o próximo de fin de semana lograr outra victoria máis, esta vez en casa.
Goles: Luca 2, Patiño.
Nieto 2-11 Infantil
Bo partido dos nosos hoxe no campo do Meixoeiro. Partido no que os nosos dominaron tódalas facetas do xogo sendo claramente superior o rival. Aproveitamos o resultado para probar xogadores e diferentes postos cun bo resultado.
Goles: Samu (x6), Brais (x2), Mateo, Martín, Hugo Fernández
Balaidos CF Femenino: 0 Casablanca:3
Mal partido do femenino que “caeu” de forma xusta. Comezaba o encontro con alternativas para ambos conxuntos, pero os erros na toma de decisión, con e sen balón, daballe a oportunidade de adiantarse no marcador o equipo visitante, que marcharian o descanso cunha vantaxe de dous goles.
O Balaídos salía na segunda métade coa enerxia recuperada, tratando de levar a iniciativa do xogo, pero sería novamente o Casablanca que aproveitou para facer o terceiro e último dos goles.
Nespereira 1 – Balaidos aficionado 7
Partido muy fácil para los nuestros, yéndonos al descanso con un 0-6, la segunda parte era difícil de jugar debido al resultado al descanso. De todos modos buen partido en la primera parte, a parte de ser ellos un equipo flojo, los nuestros hicieron una buena primera parte.