Xornada do fin de semana do 29 de Outubro (2022-23) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Benxamins 7 peñasco 0
Bo partido dos nosos no que empezamos anotando rapido , a partir do primeiro gol o equipo organizouse mellor e foi mais a o ataque,apretando nas salidas de balon e saindo ben a contra aproveitando ben as oportunidades

Infantil 7-2 A Guía
Moi bo partido hoxe dos nosos, sobre todo nunha primeira parte na que todo o fútbol o puxeron os nosos, tendo momentos que daba gusto velos no campo e nos que os adestradores só tiñamos que aplaudir. O rival deixaba moito espacio a espaldas da defensa e os nosos con grandes pases e carreiras en profundidade dominaron o xogo, 4-1 nos fomos o descanso. A segunda parte foi máis brusca sin xogo bonito e con algúns piques innecesarios pero os nosos foron fortes nos momentos de debilidade e cerraron o partido cando o rival intentaba apretar. Seguiremos traballando para mellorar.
Goles: Samu (x3), Martín (x2), Mateo e Alexander

Cadetes 1-3 Vigo 2015
Nova derrota dos cadetes. Nada que reprochar aos rapaces que o intentaron de todas as formas, xogo combinativo, xogo directo, xogadas individuais, balón parado… Incontables remates que quedan sen premio unha xornada máis. Pola contra, o rival chegou 4 veces e meteu 2 goles (abren o partido cun gol olímpico aos 3 minutos do inicio). A impotencia e enorme xa que é un partido para gañar cunha ampla diferenza de goles e nos vamos de vacío. Só queda animar aos rapaces para que o martes logren marcar todos os goles que se escaparon hoxe.
Gol: Pedro

Aficionado 3-1 vincios
3-1 para los nuestros en un buen partido. El equipo jugó un gran partido sobre todo en la segunda parte, donde no se le dio opción al rival y el gol de ellos fue en un córner en el último minuto, gran partido de todos así como la gente que entró en la segunda parte que no permitió que bajase el ritmo del equipo. Seguimos trabajando

Xuvenil 4 – San Miguel 2
Partido frouxo dos nosos xuvenis que novamente desperdiciaron a primera parte.
Tras errar tres boas ocasions nos primeiros minutos o equipo mostrouse lento, con poucas ideas e relaxado en defensa, froito de esa relaxacion os rivais adiantarianse por 0-2 en duas xogadas a balón parado ainda que por fortuna conseguiríamos recortar distancias antes do descanso con un gol en propia porta dos rivais.
Na segunda metade os rivais acusaron o ser un menos e puidemos dar a volta o marcador ainda que esta non sería ata que nos tamen quedamos con un xogador menos.
Temos que entrar mais enchufados nos partidos xa que nesta liga se te durmes non tes nada que facer.
Goles: propia porta, Defran e Somoza (2).

Alevín 5 – 1 Valladares
O alevín volve á vitoria nun partido no que unha gran primeira metade deixou un marcador de 3-0, que sería xa un obstáculo insalvábel para o rival pese a plantexar unha segunda metade máis parella no que conseguiron un gol. A destacar o gran traballo de todos os xogadores menos habituais, demostrando que todos teñen moito que aportar cando se lles necesita, e moito que medrar se seguen nesta liña de actitude e traballo.

Deja un comentario