Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Infantil 0-8 Ponteareas
Comenzou ben o infantil con decisión e tendo oportunidades de marcar nos primeiros minutos pero non marcamos e o rival con tres balóns en largo a espalda dos nosos centrais, aproveitou a velocidade dos seus dianteiros e púxose 0-3. A partir de ahí nos soubemos controlar o centro do campo e non fomos capaces de competir nin impedir que o rival fixese o seu fútbol.
Hoxe tocou a outra cara da moeda, pero esto non acaba hoxe e seguiremos traballando para os próximos partidos.
Alevín 0 – 1 Hogar
Dura primeira derrota da Liga, que chega nun partido moi competido no que ambos equipos tiveron ocasións. Foi o rival o que se adiantaría moi cedo por unha desconcentración defensiva dos nosos, quizais por nervios, pero dende ese momento competiuse moi ben o resto do partido, especialmente en defensa. Sen embargo, a pesares de crear varias ocasións claras, a sorte non estivo do noso lado e ese único gol acabaría sendo o definitivo. Unha mágoa ver ós rapaces decepcionados, pero de novo moi contentos coa súa loita e a actitude.
Xuvenil 1 – Comesaña 4
Clara derrota dos nosos fronte a un gran rival que na primeira parte nos pasou por encima e que se foi ao descanso con un merecido 0-3. Tralo descanso o equipo cambiou de actitude e mellorou o xogo igualando aos rivais en todalas facetas do xogo.
Para a semana que ven intentaremos entrar con mellor pe no encontro que nos enfrontara ante otro dos grandes filiais da nosa liga.
Gol: Raúl de penalti.
SD Ponteareas: 0 Balaidos CF Femenino: 5
Día complicado para disfrutar do fútbol, ambos conxuntos tiveron que loitar contra as inclemencias meteorolóxicas. Con todo, as nosas, fixeron gala dun bo traballo de equipo para conseguir a primeira victoria de moitas.
Primeira parte sen dono ,ambos equipos repartironse ocasións claras para poñerse por díante no marcador pero sin conseguir aproveitalas. Na segunda metade, o dominio foi completo para as nosas rapazas que conseguiron facerse co partido tras uns pequenos axustes tácticos.
Goles: Abigael, (2) Barbi, Katia e María
Cadetes 4-3 Alertanavia B
Primeira parte disputada na que encaixaríamos un gol nos primeiros minutos froito da relaxación defensiva. Tras isto, o equipo empezou a gañar en intensidade e como premio, o gol que marcaría Nico presionando ao porteiro rival. O Alertanavia poríase por diante xunto antes do descanso a balón parado nun remate no segundo pao. Na segunda parte, os xogadores saíron coa confianza necesaria para ir a polo partido. Isto, sumado aos cambios que déronlle unha marcha máis ao equipo, axudaría aos rapaces a remontar o partido. Nos minutos finais encaixaríamos un gol máis para non perder a costume de sufrir nos últimos minutos. Victoria merecida e vamos a por máis.
Goles: Nico, Dani, Luca 2.