Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRONICA DA XORNADA
Cadetes 1-9 Lavadores
O resultado fala por si só, mal partido pola nosa parte. Comezamos moi emocionados e cunha moi boa predisposición a xogar un bo partido pero co paso do tempo e sobre todo os goles contra todo o plan desmoronáronse. Parabéns ao rival por todo o amosado. Seguimos …
Infantiles 1-7 Peñasco
Mal partido dos rapaces, no que a falta de profundidade e a mala toma de decisións condenaron ao equipo ante un rival que plantexaba un ataque organizado moi ben traballado, acumulando moitos xogadores na nosa metade de campo. Temos que volver ao camiño da solidaridade e de poñer en práctica o traballo da semana. O único gol do equipo vén grazas a un dos poucos pases hacia os extremos, pase que Samu rematou con moita calidade. Temos dúas semanas ata a volta de competición para seguir construíndo e mellorando a idea de xogo. Por último, recoñecer o esforzo dos nenos e a mellora de línea defensiva, e agradecer aos alevíns unha vez máis a súa axuda.
Benxamín b 0-2 Candean A
A primeira parte de partido estivo marcada polo bo xogo dos dous equipos. Os nosos estaban moi seguros na salida de balón e o Candean moi ben plantado no campo. Rematariamos está primeira parte 0-0 cun nivel altísimo para a categoría, un gusto de primer tempo. No segundo tempo comenzamos igual pero pouco a pouco os nosos perderían a confianza e a superioridades física e de idade dos contrarios fixose notar nos últimos minutos do partido, onde chegarian os dous goles por banda dereita con dous bos disparos. O fútbol é así de bonito, sufrimos e disfrutamos moito hoxe. Moi orgullosos dos nosos nun partido no que demostraron ser mellores en xogo, pero onde non fumos capaces de chegar a portería con tanta claridade como nos gustaría. A seguir traballando, coma todas as semanas, este é o camiño a seguir. Non temos dúbidas con iso. Destacar a Javi hoxe, que xogou a un nivel boisimo, de 10!
Xuvenís 5 – Victoria 2
Importantes 3 puntos os conseguidos polo equipo na tarde de hoxe.
O partido comezou mal e na primera xogada xa nos veríamos por debaixo do marcador, algo que por desgraza nos ocorre case sempre…por sorte conseguiríamos empatar o partido mediada a primeira parte ainda que minutos mais tarde encaixariamos un novo tanto debido a varios erros en cadea. Xusto ao borde do descanso o porteiro rival foi expulsado e isto cambiou o partido xa que grazas a nosa superioridade numérica conseguemos remontar a pesar da dura oposición do rival ata os últimos dez minutos.
Seguemos crecendo co paso das xornadas e afrontaremos o inicio da segunda volta cosas nosas posibilidades intactas pero con moito que mellorar.
Benxamín A 4-3 Victoria
Partido vibrante ó que vivimos esta tarde en Coia entre dous equipos empatados a puntos. O partido comezou cun ritmo elevado por parte dos dous equipos. A presión de ambos equipos dificultou moito o xogo do equipo rival. Oportunidades de ambos lados pero o 1-0 ía chegar cun gol de Pablo tras un bo roubo ao borde da área rival. O equipo comezou a mostrar candado a medida que se achegaba o descanso e na última xogada da primeira parte, o Victoria ía empatar o partido. Na segunda parte saimos decididos a ir polo partido e asi foi como chegou o noso segundo gol, obra de Bruno tras un gran pase de Pablo. Minutos despois, íamos provocar un penalti tonto que o Victoria ía aproveitar para empatar de novo o partido. O gol non nos afectou, seguimos atacando e loitando por cada balón con moita intensidade. E así ían chegar os 2 seguintes goles. Pablo e Bruno (gran partido dos 2) íanos dar a vantaxe definitiva cos seus goles. O último gol do partido, o 4-3 do Victoria, ía chegar de novo no último segundo do partido tras un gran disparo desde fora da área. Polo xogo desplegado, pola actitude e polo rival que tiñamos diante, é o partido no que voume máis contento. Parabens a este gran grupo polo que están a facer!
Goles : Pablo (2) y Bruno (2)
Alevin B 5-4 Lavadores
Partido moi disputado por parte dos nosos xogadores no cal tivemos moita intensidade e dominamos o partido. Pouco a pouco vamos xogando mellor e coma a mi me gusta.
Empezamos o partido marcando os 30 segundos do encontró por medicación de Papu, no minuto 2 marcaou o lavadores nun fallo defensivo noso. No minuto 11 nos volveríamos a adiantar cun gol de Papu, que tamen repetiría no minuto 23 de encontró para por o 3-1 con que fomos o descanso.
Na 2º metade baixamos un puco o ritmo polo cansancio dos rapaces e no minuto 27, 33 e 38 marcaria o Lavadores para por o 3-4 no marcador, pero os rapaces non se iban a render e seguirían atacando, ata que no minuto 40 de encontró nunha falta botada por Brais, Papu volveria a marcar para por o 4-4 no marcador.
O rival soamente era capaz de marcarnos a contra xa que nos dominábamos o partido e creábamos mais ocasions de gol. Por fin no minuto 50 de partido, saque de banda a favor nosa, Brais centra e o noso porteiro Adrian remata de cabeza dentro da área para por asi o 5-4 definitivo e darnos a victoria.
Mo ibo partido dos rapaces nun partido moi disputado e moi intenso.
Prebenxamin 3-3 CD La Guía
Primer punto do prebenxamin nun partido moi igualado con moitas ocasións para os dous equipos.
Na primeira parte empezaríamos por detrás do marcador tras un gol de André en propia porta con moi mala sorte, e acto seguido meteríannos o segundo. A partir desde gol o equipo iriase mais arriba presionando e non deixando saír ao rival do seu campo chegando así 2 goles ao noso favor e moitas ocasións.
A segunda parte foi por fases de dominación da Guía e do Balaidos, e nunha xogada dunha pequena combinación entre 3 dos nosos chegaría o gol que nos adiantaría no marcador. O partido seguiría emocionante, e nunha acción da Guía dcunha combinación excelente deixaríame aplaudindo ao rival polo seu tanto que daría o empate ao marcador final.
Pasito a pasito e a seguir traballando.
Goles: Ivan(X2) y André
Alevins 5-5 Peñasco
Partido no que os rapaces comezaron pouco avispados e encaixaron 3 goles nos primeiros 10 minutos, todos por parte do mesmo xogador, que protagonizou case todas as ocasións do Peñasco. Os nenos lograron reaccionar antes do descanso e Alexander anotou tres bos tantos para igualar o partido antes de acabar a primeira metade.
Na primeira xogada da segunda metade os rapaces despistaronse nas marcas nun saque de esquina e o equipo rival logrou poñerse por diante, pero aos poucos instantes conseguimos volver a darlle a volta ao marcador con dous goles de Martín.
O transcurso dos últimos 15 minutos foi relativamente cómodo, coa sensación de que lograriamos ampliar a vantaxe, pero na última xogada un erro en saida tras un saque de portería provocou a 5-5 final.