O noso adestrador Quique, recolle desta vez outro permio da RFGF que recoñece a 60 adestradores da delegación galega.
O acto, que estivo presidido polo presidente da RFGF, Rafael Louzán, polo vicepresidente Fernando Iglesias e polo presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela, tamén contou cunha nutrida representación do RC Celta. O seu presidente Carlos Mouriño, o director xeral Antonio Chaves, o técnico do primeiro equipo Eduardo Coudet e o do filial Onésimo Sánchez tampouco se quixeron perder este día tan especial e acudiron á cita para felicitar a todos os técnicos homenaxeados. Ademais, tanto Coudet como Onésimo participaron na entrega dos diplomas aos adestradores.
Enlace á nova: Enlace.