Xornada do fin de semana do 8 de Maio (2021-22) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Chapela 2-7 Alevin B
Moi bo partido e moi completo por parte dos rapaces neste ultimo partido do grupo. Comenzariamos o partido da mellor maneira posible, marcando 3 goles nos primeiros 3 minutos, conseguindo asi o noso mellor inicio dun partido en toda a tempada (algo que nos adoita custar, entrar en tension aos partidos). Pouco despues, o Chapela recortaria distancias tras un descoido defensivo nun contrataque. A destacar sobre todo a boa presion que fixemos en campo contrario, dificultando asi a saída de presion do equipo rival e conseguindo asi a maior parte de ocasións pola nosa banda. Xusto antes do descanso, marcariamos o cuarto, tras un cabezazo de Cristian despois dunha parede en banda e un gran centro ao segundo pau. Na segunda parte non baixamos marchas, seguimos atacando e tendo as ocasións mais claras, aproveitando asi que os nosos dianteiros eran mais rapidos que os seus defensas. Destacar tambien a boa marcaxe individual que fixeron os nosos defensas, impedindo asi que os dianteiros do Chapela recibisen facil o balon e armaran xogadas en ataque (na segunda parte este aspecto notouse mais que na primeira). Finalmente, nos ultimos 10 minutos, o Chapela marcaria un golazo pola escuadra no que nada puido facer o noso porteiro, pero respondemos ben con 2 goles mais, froito da presion e a pegada dos nosos rapaces. Gran vitoria, deberes feitos e a esperar os resultados dos demas grupos para saber se nos clasificamos á seguinte ronda ou non.
Goles: Cristian (5), Pablo e Adrian

Louro 2-3 Benxamín A
Partido hoxe dos benxas que tivo tódolos estados ánimo posibles nun partido con final de infarto.
Comenzou o partido da peor forma posible, nun despexe desde o mediocampo do equipo rival que entre o noso porteiro e o noso central fixoronse un lío, acabando a xogada en gol en propia do noso defensa, erro que non empaña a gran tempada de ámbolos dous.
Os poucos minutos na única aproximación do Louro na primeira parte marcarían o segundo gol. Minuto 10 do partido e os noso ían dous abaixo no marcador e o peor de todo, mentalmente estaban fora do mesmo. Cada pase estragado ou cada xogada que non saia era unha completa frustración tendo incluso por momentos nenos con bágoas nos ollos pola frustración. Unha primeira parte no que o único bó foi que o árbitro pitase o final da mesma.
Na charla do descanso hoxe non tocaba falar de táctica nin de outra cosa que non fose levantar a moral dos nosos. A charla fixo efecto e os nenos saíron con outra actitude, pero hoxe o fútbol non parecía querer estar do noso lado.
Pero alentados pola nosa afección que facían que os seus ánimos se escoitaran en toda Tameiga, os nosos deixábanse todo no campo.
No minuto 11 da segunda parte Hugo recortaba distancias e reactivaba a moral do equipo. O resto da segunda parte foi un monólogo dos nosos na que o balón daba non largueiro, no pau, saía fóra por milímetros ou os defensas do Louro sacaban da mesma línea de gol. Só un tiro do Louro a portería en toda a segunda parte que atallou o noso porteiro con dificultade.
Chegábamos o último minuto do partido cun 2-1 no marcador, pero os alentos da nosa afección e as ganas dos nosos nenos fixeron que o Sentimento Verde entrará en escena nun final non apto para cardíacos.
Mateo desde case o córner deixaba o balón a Beltrán que viña de cara para que cun gran gol polo pau longo puxera o empate no marcador, minuto 50 e partido empatado.
O árbitro engadíu tres minutos polas numerosas perdas de tempo durante o partido especialmente na segunda parte, e paracticamente na derradeira xogada do partido conseguiríamos un córner a favor. Unai poñía un gran centro e André enviaba de cabeza o balón o fondo da rede no minuto 52, culminando a remontada e deixando unha gran celebración na que tódolos xogadores saltaban o campo para facer unha gran piña.
Victoria a de hoxe que nos dí que nunca se pode deixar de creer e moito menos neste equipo e nestes nenos, no que parafraseando a Bielsa: Todo esta permitido menos deixar de loitar.

Infantil 3-1 Ribera B
Grandísimo partido dos rapaces. Dominio absoluto dos nosos a través do balón, coa única pega de non conseguir materializar todas as xogadas para conseguir unha (moito) maior goleada. O gol encaixado foi froito do único error en saída do equipo, e, a pesar disto, seguiron arriscando e conseguindo vantaxes sacando o balón xogado dende a defensa. Destacar o partido de Antón, Jorge, Ángel e Aguirre, xogando con moita confianza e con moi bo criterio durante todo o partido. Agradecer ao alevín Brais a súa gran axuda hoxe, coa gran predisposición á que nos ten acostumados. Falta un partido desta fase de grupos ante o líder, e imos a por todas!
Goles: Samu 2, Álex.

Xuvenil 1 – Tyde 2
Inmerecida derrota dos xuvenís que de gañar houberan sellado a permanencia na primeira categoría.
O partido estivo marcado polos acertos nas áreas, onde os rivais foron claramente mais eficaces que os nosos, que as veces que chegaban non finalizaban as xogadas.
O equipo pecou de inxenuo e caeu en fora de xogo en multitude de ocasións, non sabendo ler o que requería cada unha das xogadas e precipitándose continuamente.
A actitude foi boa xa que o equipo insistiu durante todo o encontro e mereceu mais pero así é o fútbol.
Gol: Colinas.

Coya 2-5 Prebenxamín A
Partido el cual los niños lo afrontaron sin serios problemas. En la primera parte, el equipo salió al campo muy espabilado, robando un montón de balones en campo propio y acabando las jugadas. Por ello, iríamos al descanso con una ventaja de 0-3. En la segunda parte, el rival nos atacó más, logrando meternos 2, pero tras dos acciones buenas de ataque colocaríamos otros 2 goles a favor en el marcador. Espectacular intervención de Izam con los 5 goles que marcó. Último partido de la fase de grupos de copa, en la que logramos clasificarnos de segundos!

C.D. COYA B 2-0 Benxamín B
Partido complicado para os nosos. Físicamente eran mais fortes e mais grandes e o aproveitaron xogando con moita presión, facendo que non puidesemos xogar o balón de maneira fluida e con moito pelotazo.
Pese a todo, demostramos ser un equipo sólido en defensa incapacitando que chegaran mais veces a portería.
Aguantamos 0-0 durante a primeira parte. O primeiro gol foi por un penalti dunha man e máis tarde entrou o derradeiro.
Xogamos case toda o partido no noso campo excepto uns minutos o final de todo. Ademáis destacamos o bo partido dos dous debutantes.
Toca facer autocrítica, sempre primeiro a nós, e seguir traballando ata final de temporada.

 

Deja un comentario