Xornada do fin de semana do 1 de Maio (2021-22) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Prebenxamín A 4-3 Caldelas
Partido en el que ambos equipos estuvieron muy igualados. Empezamos con buen pie y un gol en los primeros minutos, pero pronto el rival lo empataría. Volvimos a marcar para adelantarnos y el rival lo volvería a empatar en la última jugada de la primera parte, para irnos al descanso con un 2-2. En la segunda parte el equipo se esforzó y luchó mucho para conseguir el 4-2, hasta que en los últimos instantes el rival presionó y nos logró marcar su tercer gol, quedándonos un gol por encima al final del partido. Destacar el buen trabajo y posicionamiento de los niños en su segundo partido de copa. Ahora nos toca pensar en el siguiente para llevarnos la segunda victoria en copa!

Prebenxamín Balaídos B 2- 0 Gondomar F.B. C
Este sábado 30 de Abril continuaba la copa para el Prebenjamin B , el encuentro fue jugado en Casa del Balaídos rodeados de los nuestros y contra un equipo contra el que ya habíamos jugado en otras ocasiones.
Nuestro equipo llegó al campo con energía pese al calor y con la motivación e ilusión de dedicarle los goles que marcaran a su entrenador que en este partido por motivos familiares no pudo asistir. Con muchas ganas, los niños mostrando en el partido una clara evolución en el juego, con las cosas claras en defensa, confiando más en si mismos y llegando arriba con un juego en equipo que genero unos pases y conducciones de balón que hicieron que dominásemos el partido.
El ritmo del partido fue muy fluido e intenso además de que el calor de esa mañana se hacía notar en los jugadores, pese a todo siguieron dándolo todo , el equipo movió la pelota de lado a lado sin caer en individualidades, mostrando un gran juego colectivo que hizo que el rival apenas tuviera oportunidad de gol pese a que intentaba buscarnos en las contras , pero dominábamos bien el balón, con un buen trabajo de nuestras parejas de defensas y de los medio centros. Todo esto entre muchas cosas más hizo posible el 2-0 a nuestro favor.

Aunque la victoria nos refuerza, también nos debe llevar a seguir trabajando para seguir en la misma línea, nada se consigue sin esfuerzo y que mejor resumen de ello que la frase de Maradona “Cuando la gente tiene éxito, es gracias al trabajo duro. La suerte no tiene nada que ver con el éxito”, Diego Maradona.

Cadetes 3-7 Atl. Matamá
Partido raro, donde empezaríamos marcando ós 10 minutos, pero empatarían 3 minutos despois cun zapatazo dende case o medio do campo directo á escuadra. A primeira parte seguiría connosco sufrendo no noso campo, onde antes do descanso, encaixaríamos outros 2 goles dende fora da área rematando a primera parte cun 1-3.
Na segunda parte o equipo xa tiña unha dinámica de deixarse ir e aos 10 minutos desta o Matamá facía o 1-4. A falta de 15 minutos caeríannos do ceo 2 goles e o marcador acustaríase ao 3-4, pero o equipo seguía con esa mala dinámica de deixarse ir e encaixaríamos 3 goles nos últimos 10 minutos.
Unha pena de partido que pudo pelexarse pero al fin e ao cabo as dinámicas notanse, aún que este equipo progresa adecuadamente, pena que xa estemos ao final da tempada.

Benxamín A 6-0 Gran Peña
Hoxe tocoulles os nosos benxas, acostumados a horarios de primeira hora da mañá, xogar na hora do vermú. O sol apretaba e o calor facíase notar xa no quecemento.
A maiores contabamos coa baixa de Mateo a última hora, o cal aínda que non podía nin apoiar prácticamente o pé,viña alentar os seus compañeiros, o cal xa é algo habitual neste grupo que os lesionados veñan animar os compañeiros e nos enorgullece os adestradores polo compromiso e sentimento de equipo. Os nosos saíron o partido ben colocados pero sen frescura na definición, apretabamos o Gran Peña no seu campo, pero ben a hora do último pase ou da definición nos faltaba ese punto de acerto que mantiña o marcador sen goles.
Pero hoxe ía ser a maña dos nosos xemelgos os que o calor parecía afectarlles de forma distinta. Hugo, o noso capitán hoxe, inauguraba o marcador e xusto na seguinte xogada Xoel non quería ser menos e poñía o segundo no marcador. Os benxas seguían xogando ben, asociándose ben pero sin claridade diante da portería rival e as que parecían dentro, o porteiro do Gran Peña con dúas grandes paradas evitou dous goles pola mesma escadra.
Remataba a primera parte e os nosos aproveitaban para mollar a cabeza e refrescarse, Mateo que vira a primeira parte desde a grada non se aguntaba máis e baixaba a pe de campo o lado dos seus amigos e quen sabe se por eso, se por refrescarse, se pola charla do descanso ou polo cansancio do rival, os nosos saíron a segunda parte con outra claridade. Hugo recibiu un balón no medio campo, amagou con retroceder a campo propio, para acabar rotando 360° grados sobre se mesmo, e todo iso sen chegar a tocar o balón, emulando a Vinicius, para xa con todo o campo contrario sen oposición, plantarse nun man a man co porteiro o cal batiu sen dificultade. Pero hoxe o seu irmán non quería ser menos e acto seguido, Xoel marcaba o cuarto nunha boa xogada asociativa do equipo.
Continuaban os xemelgos buscándose en ataque e Xoel pasaba o balón a Hugo para que este voltase a marcar.
No medio do dominio do Balaídos, o Gran Peña deixaba o seu dianteiro descolgado preto da liña de fóra de xogo, e nun despexe largo con todo o equipo do Balaídos volcado en campo contrario, recibía o dianteiro rival para encarar nun man a man o noso porteiro Andrés, pero Andrés estaba moi seguro e gañaba o man o man con moita claridade.
Xa nos últimos intres do partido, Izam (prebenxamín) que recibirá unha chamada a media mañá se se podía vir axudarnos e os 15 minutos de chamalo xa estaba preparado, marcaba o sexto gol nunha boa xogada na que controlou, encarou e definiu de forma maxistral.
Gran partido de cada un dos nosos, no que hoxe todos demostraron un gran nivel. Os nosos benxas danlle a razón a unha frase de Guardiola co partido de hoxe: “Cada un ten que loitar por ser o mellor, pero son os demáis, é imposible”.
Seguiremos traballando xa coa vista no seguinte partido.

Alevin B 3-2 Vila do Corpus
Posiblemente, o partido mais emocionante dos rapaces en toda a tempada. Chegamos esta mañá ao Federativo coa ilusion de resarcirnos da derrota da semana pasada e poder seguir vivos na copa. O partido empezou da peor maneira posible, tras un gol aos 6 segundos. Nada mais sacar de centro, o mediocentro rival puxo un balon en longo ás costas da nosa defensa e o dianteiro rival non fallou. Grave descoido defensivo que non nos afectou. A primeira parte estivo igualada. Non habia un dominador claro nin nas ocasións nin na posesion do balon. Sufrimos mais da conta na saída de presion e iso custounnos o segundo gol. O vila do corpus presionou rapidamente a nosa saída de balon, o que provocou unha perdida que acabaria no 0-2. Pasividade defensiva e animos baixos dos que, posteriormente, puidemos recuperarnos. No descanso aproveitamos a corrixir cousas sobre a presion en campo contrario ( algo que se nos adoita dar bastante ben e que non puidemos facelo como nos gusta), a refrescarnos e a repoñer forzas. A calor notábase e os rapaces, a pesar de ir perdendo 0-2 , sabian que se podia gañar o partido. E como adoita ser habitual, o descanso veunos xenial. Na segunda parte o equipo transformouse e podo asegurar que foi a mellor segunda da parte da tempada. Se podria resumir perfectamente en que o equipo sacou de dentro o ADN que caracteriza ao Balaidos. O equipo dobrou en intensidade, ocasións, caracter e esforzo defensivo ao equipo rival, algo que non puidemos facer nin na primeira parte nin no partido da semana pasada. A remontada empezou cun gran gol de Pablo tras unha rapida combinacion entre Cristian, Joel e o propio Pablo. O equipo siguió apertando e exercendo moito mellor a presion, o que obrigaba ao equipo rival a rapidos contrataques que nosa defensa soubo resolver ben. Destacar tambien un par de paradas moi boas de Adrian, que hoxe volveu a poñerse de porteiro xa que o noso porteiro habitual David segue de baixa. A falta de 10 minutos para o final, outra rapida combinacion en campo contrario acabou co empate a 2-2 no marcador, obra outra vez de Pablo. E a falta de 4 minutos para o final, o equipo sacou todo o que quedaba e logrou o terceiro e definitivo gol do partido. Covelo mandaria o balon á rede tras unha gran parada do porteiro a un disparo de Carlos. Foi o gol mais celebrado da tempada, tantos dos nenos que estaban no campo, como dos suplentes e dos pais e as nais que nos apoiaban desde as bancadas. Os ultimos minutos foron de asedio rival pero o equipo soubo ser un bloque e rexeitamos todas as oportunidades do equipo rival. Por como sufriuse, por como remontouse e por como competiuse , é a vitoria mais bonita da tempada xunto a do Rapido de Bouzas. Felicitar a todos os rapaces polo impresioante traballo que fixeron . Merécenllo moito e isto toca gozalo. A seguir traballando!!
Goles: Pablo (2) e Covelo

Infantil 1-2 Racing Vilariño
Gran partido dos rapaces, que perden o partido debido as moi numerosas ocasións erradas ante o porteiro rival. Máis de quince remates dentro da área que quedan nun só gol, un tiro inofensivo dende practicamente o mediocampo que entrou debido a un erro do porteiro rival. O Vilariño chegaría dúas veces na segunda parte e marcaría dous goles que fan aos nenos perder os merecidísimos 3 puntos. Destacar a Álex e a Patiño, ambos quedaron do porteiros ante a ausencia do porteiro do equipo, Yago. Nos queda mellorar a definición para que o dominio dos encontros véxase reflexado no marcador.
Gol: Isma

Alevín A 2-4 Santa Mariña E
Coma sempre nos últimos encontros os rapaces comezaron moi fortes, poñendose por diante no marcador e chegando con ocasions moi claras que non supimos aproveitar.
A partir dos 15 minutos e coa chegada do primeiro tanto en contra os rapaces comezan a desesperarse, saltando sen organización a presión e pensando soamente en chegar á portería contraria, deixanso moito espacio entre o medio do campo e as bandas e o delanteiro. Na segunda metade axustamos alguns erros tácticos pero non foi suficiente.

Deja un comentario