¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 7 de decembro (2019-20). Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

CRONICA DA XORNADA

Alevín B 7 – 3 Rápido de Bouzas
Bo partido dos rapaces nun partido onde comezamos desconcentrados os primeiros 10 minutos, onde íbamos perdendo 0-1. O equipo soubo reaccionar e logrou unha vantaxe de 3-1 ao descanso. Na segunda parte dominamos a maior parte do partido e fomos capaces de ampliar a vantaxe moito máis. Os dous únicos erros que tivemos na segunda metade custáronnos dous goles. O equipo segue nunha boa dinámica e cada día mellora mais.
Goles: Leo(3) Joel(2) Brais e Antón.
R. Bouzas 4 – 2 Benxamín B
Primeira parte complicada, pero melloramos na 2 parte poñendo empeño e fe consiguiendo gañar no segundo tiempo. Felicidades peques e a seguir traballando
Prebenxamin 12-0 Castrelos “B”
Comezou o prebenxamin cas cousas moi claras e solucionou o resultado nos cinco primeiros minutos. Sen complicaciones e con bo xogo completamos una primeira parte moi completa. Na segunda parte baixouse o ritmo de xogo e foi o momento dos goles dos “menos habituais”. Contentos co traballo técnico individual dos nenos e a seriedade defensiva ( 0 tiros a porta do Castrelos). Felicitar a Isaac por un doblete merecido, a Javi, capitán hoxe e a Alexandre, o noso porteiro, que aguantou o partido sen tocar a pelota.
Cadetes 2 – 5 Peñasco
Nun encontro da zona baixa, o resultado fala por si só. A seguir…
Vilariño 1-6 Aficionado. 
Partido fácil para os nosos.  Resultado corto para as ocasions que tivemos.  3 puntos mais e a seguir traballando.
Balaidos 0 – Preiro 5
Cuando o contrario xoga co equipo  completo e o balaidos non, pois nada que dicir e felicitar aos que foron.4
Alevin A 5-4 Castrelos B
Bo partido dos nenos que conseguiron reaccionar tras encaixar o primeiro gol nos primeiros momentos do partido. Seguimos mellorando, toca seguir co traballo.
Benxamin 3 – 1 R. Bouzas
Partido de poder a poder no que quizáis o balaidos fixera o mellor partido da tempada. Felicitar aos nenos e tamén aos pais polo apoio.

Deja un comentario