Xornada do fin de semana do 14 de decembro (2019-20) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

CRONICA DA XORNADA

La Guía 6-2 Alevíns B
Partido marcado polo exceso de protagonismo do árbitro. Comezamos moi ben o partido poñendonos por diante aínda que en dous goles a balón parado o equipo rival conseguiu poñerse por diante antes do descanso. Na segunda parte ambos equipos logramos un gol nos primeiros 10 minutos onde mantivemos un bo ritmo. A falta de 12 minutos, co equipo envorcado arriba e a causa do cansazo o equipo recibiu 3 goles máis. Malia que non foi o noso mellor partido, o resultado é engañoso e o equipo pelexou ata o final. A seguir traballando!
Goles: Joel y Jorge
Prebenxamín 4-2 R. Bouzas “C”
Comezamos os prebenxamins atacando ferozmente a portería do Bouzas que sorprendentemente adelantariase nunha boa contra. Yoel subiu o empate o marcador antes do descanso nun monólogo de ataque por parte do Balaidos. A segunda parte comezou con outro gol de Yoel e rápidamente outro de Unai. Comezaron os cambios e chegou o momento do último gol do Balaidos por parte de André, xogador de primer ano. Nos minutos finais adornaria o resultado o Bouzas noutra bonita contra. En xeral partido controlado onde o noso equipo demostrou ser forte frente as adversidades. Pese a iso, deberiamos ter resultados máis contundentes contra equipos de primer ano. Queda moito traballo por diante.
Cadetes 2 – 1 Hogar “B”
Cando corres, loitas, fallas, levántasche e segues loitando polos teus compañeiros marcas a diferenza. Este equipo déixase ata a última pinga de suor no campo e en días así só podo sentir orgullo dos mozos. A celebrar un partido moi sufrido e traballado onde a capacidade de loitar cada balón marcou a diferenza. A seguir…
Sardoma 2 – Xuvenil A 5
Partido dominado polo noso xuvenil fronte o pechacancelas.
Encontramonos con un rival que xogou con ata sete defensores plantados na liña do medio campo xogando o fora de xogo, algo que lle deu resultado na primeira parte onde se pitarian unha barbaridade de foras de xogo…
Na segunda parte tralo 0-2 o equipo relaxouse e viu coma o Sardoma empataba o partido, un espexisimo xa que 3 minutos mais tarde marcariamos dous goles que certificarian a nosa victoria.
Como punto preocupante cabe destacar a falta de gol…algo que comeza a ser preocupante se nos queremos manter nos primeiros postos da taboa.
Goleadores: Roi, Lamas, Martín, Oli e Yago.
Xuvenil b 2 – teis 9
Resultado moi abultado polo xogo realizado sobre todo na primeira parte donde o meu parecer fumos superiores.o teis chegou 3 veces e meteu e tantos cosa q nos chegamos outras tantan veces e nos fumos quen de marcar.os goles fallos individuais moi claros e o peor de todo falados nos entreos e antes do partido.o teis ainda asi equipo moi superior a nos e a miña impresion equipo de outra categoria.partido para olvido e a seguir traballando.
Benxamín 3 – 7 Castro Internacional
Partido marcado polo cambio a última hora de día e horario o que motivou a incomparecencia de adestradores e a gran maioría dos jugadores. Hai qie comezar agradecendo aos pais que fixeron o esforzo para non deixarnos colgados, acudindo ao encuentro. En especial a Vince que sendo prebenxamín, animouse a axudarnos e a Tita que sin ela éste partido non se podería ter xogado. Polo seu trabajo e impagable dedicación. De parte do benxamín B: “Gracias Tita” Gran traballo dos  peques e a seguir traballando a tope.
Aficionados 1-2 San Miguel. Partido moi intenso e trabado. Tivemos mala sorte no segundo gol deles. Cun home menos, peleouse ata o final. Seguir traballando.
La guía 3-8 Benxamin A
Partido que no minuto 15 se perdía por 2-0, obra dos experimentos da entrenadora. A partir de ahí, grazas ao esforzo dos nenos, remontamos e sacamos o partido adiante cun bo resultado.
Agradecemos o bo trato por parte do C.D. La Guía.
A polo próximo.
San Mateo 3-6 Balaidos Feminino
Partido trabado xogado nun campo de herba natural de pequenas dimensiones e estado mellorable. O que máis nos costou foi manter o equilibrio. Felicitar ao colexiado polo seu gran encontro.

Deja un comentario