Xornada do fin de semana do 11 de abril (2020-21) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

CRONICA DA XORNADA

Pereiró 2-4 Benxamin A
Moi bo partido dos rapaces, que se tomaron moi en serio a volta á competición. A primeira parte foi de dominio absoluto pola nosa parte. Fixemos presión alta durante a maior parte do partido e iso complicou ao equipo contrario. Ao descanso iamos chegar cunha vantaxe de 1-3. A segunda parte foi mais igualada. A pesar de anotar o 1-4 a falta de 10 minutos para o final, o Pereiró ía aproveitar os últimos ataques para anotar o 2-4. Felicitar a todos os nenos que, a pesar de ter só un cambio, aguantaron moi ben físicamente. A seguir así!!!
Goles: Cristian (2), Pablo y Bruno

Pereiro B 5-2 Cadetes
Costou entrar no partido,os primeiros 20 minutos costounos saír do modo campo e facer o que habíase practicado,chegou no minuto 15 o seu primer gol dun saque de esquina onde perdimos a marca e rematou só na área pequena.3 minutos despois provocaríamos un córner nunha carreira do noso dianteiro onde él mismo rematou cun bo cabezazo á escuadra. Nunha mala organización defensiva encaixariamos o segundo, e minutos despois fixemos un penalti que foi transformado cunha boa definición pola escuadra.Finalizamos a primeira parte cunha maior concentracion no partido e empezando a crear un pouco máis de xogo.
Na segunda parte estivemos máis activos e dentro do partido, pero marcaronos.Minutos más tarde aprovechamos un erro da defensa rival e metimos o segundo, a partir de aquí eles empezaron a xogar atrás e para que se acabase o partido, e nos aproveitamos os erros para plantarnos na súa área en case todas as xogadas pero sen unha boa definición, e eles chegaron dúas veces as cales conseguiron o gol nas dúas ocasións.
Agradecer ao Pereiro pola acollida.
Aínda quedan cousas por traballar.
Goles:Dani e Lucho.
Non sacamos foto porque era inviable vas condicións meteoroloxicas, saimos empapados!

Gran Peña A 0 – 4 Benxamin B
Notouse o traballo de todos estes meses hoxe no carballal nun partido que tivo a choiva como espectadora de luxo.
Vince adiantaba os visitantes na primeira parte despois de numerosas chegadas dos nosos e nada máis comenzar a segunda metía o 2-0 tamén para encarrilar o partido. O 3-0 chegou en propia porta e o 4-0 foi obra de Mateo nunha xogada individual.
O ataque dos nosos foi constante, non tiñamos os nosos 2 porteiros hoxe e o obxetivo era que non tiraran, así foi, so un tiro a porta ( con boa parada de Beltrán) en todo o partido para os locais fronte a múltiples ocasions dos nosos acompañadas dun xogo do que nos sentimos realmente orgullosos.
O que máis destacamos do día de hoxe é a felicidade que nos produce ver o traballo cos rapaces, o resultado é o de menos. Aplicaron moitisimos conceptos traballados de forma autónoma e mecanizada, as saidas de balón dende atrás foron moi ben executadas e cunha seguridade envidiable.
Para o seguinte toca seguir mellorando de cara a gol, que nos costa un mundo meter!

Rápido de Bouzas B 4-1 Prebenxamín.
Partido co cal acabei moi contento xa que os nenos pelexaron ata o último segundo, no cal éramos só 8 xogadores.
Na primeira parte saímos pouco do noso campo e eles tiveron moitas ocasións que entre erros,o esforzo defensivo dos nenos, as paradas do noso porteiro e as maderas non conseguiron marcar gol, pero marcaron un gol que foi en propia porta.
A segunda parte comezaría cun gol do Bouzas.Comezaríamos a ver algún pase que outro entre os nosos nenos, e o noso gol chegaria nunha moi boa carreira rebasando a 4 rivales do capitán. Minutos máis tarde volveu a repetir a carreira e casi metendo o segundo, pero chegarían outros 2 goles de Bouzas para rematar o partido.Tivemos que xogar os últimos 15 minutos cun neno menos por dor de testa, pero os demais sacrificaronse e xogaron cunha boa actitude ata o final do encontro. Moi contento coa actitude deles e con cousas como o colocamento tendo en conta que é o noso primeiro partido.
Agradecer a acollida do equipo local.
Gol:André
Mandar un forte abrazo ao noso xogador Oli que se fracturou a clavícula aos 5 minutos de partido.

Pereiro 3 – Xuvenil 1
Primera parte dominada polos nosos controlando os tempos do partido pero perdoando ante a portería rival.
Tras encaixar o 2-1 no primero minuto da segunda parte o equipo descompúxose e comezou a xogar ao que non sabe… Un penalti inventado polo árbitro a falta de 15 minutos supuxo a sentencia.
Temos bos mimbres pero falta consistencia e carácter.
Gol: Aitor.

Rápido de Bouzas C 9-0 Alevins
O resultado reflexa o que foi o partido, ante un rival moi organizado e superior. Os rapaces intentárono durante todo o encontro pero non conseguiron anotar nas poucas ocasións das que disfrutaron. Aínda así, gustaríame felicitar aos nenos por non baixar a cabeza en ningún momento do partido e loitar ata o final do mesmo.

Campito Chapela 5 – Balaidos CF 3
Partido disputado en la que las nuestras trabajaron todo el partido pese a las adversidades. La primera parte finalizó con 1-0 para el equipo local. Ya en el inicio de la segunda parte logramos empatar. Poco después el equipo local volvió a ponerse por delante en el marcador,lo que no hizo bajar los brazos a las nuestras, que volvieron a empatar el partido. Luego llegó la lesión de nuestra jugadora Luna, y acto seguido el tercer gol de el equipo local. Luego llegó el mareo de Laightsa, con lo cual nos vimos obligados a jugar con una jugadora menos mientras se recuperaba Laightsa. Llegó el cuarto gol del equipo local, y pese recuperar a nuestra jugadora llegó el quinto. Aún así las nuestras no se rindieron, e incluso estando sin cambios y con un partido tan duro, lograron marcar el tercero.
Enhorabuena para nuestras guerreras pese a la derrota!!!

Feminino (F11) 4-2 Marín
Moi bo partido xogado polo noso equipo feminino na súa 1° xornada de liga. Tal é así que os 40 segundos do encontro xa ganábamos 1-0 cun bonito gol de Yuliana que meteu por toda a escadra.
As nosas rapazas seguirían atacando e presionando o equipo contrario é no minuto 14 de xogo María poría o 2-0 para as nosas despois dunha gran xogada de Lili.
As nosas rapazas seguían tendo o total dominio do balón e no minuto 22 de xogo cometerian un penalti sobre Yuliana o cal Irene se encarga de transformar para marcar o 3-0 para o noso equipo.
As rapazas seguían igual, atacando e movendo o balón buscando máis goles e no minuto 26 de xogo outra boa xogada combinativa das nosas rapazas; o balón chega a banda esquerda, Lili centra e Laisha marca cun gran remate coa testa pegado o pao.
Co 4-0 o partido xa estaba sentenciado e as xogadoras baixaron o ritmo de xogo xa que era o 1° partido e son moitos meses sen xogar.
No minuto 37 e 81 marcaría o Marín o 4-1 e 4-2 definitivo devido a relaxación das nosas xogadoras.
Moi bo partido para ser o 1° e co obxetivo cumprido de levarnos os 3 puntos e poñernos líderes do grupo.

Colegio Hogar B 3-2 Alevin B
1° xornada de liga para os nosotros rapaces, os nenos non sairon ben na primera parte, xa que xo buscaban marcar rápido o gol e non movían ben o balón. O Hogar nos meteu dos goles na 1° parte en dous fallos nosos, pero nos dominamos o encontro.
Con 2-0 chegariamos o intermedio.
Empezou a 2° mitade con gran intensidade dos nosos rapaces e conseguimos marcar un bonito gol por mediación de Brais para por o 2-1 no marcado. Máis adiante nunha xogada desafortunada o Hogar marcaría o 3° gol para eles. Acto e seguido seguimos atacando e era un asedio dos nosos rapaces, tanto é así que provocariamos un penalti a favor para o noso equipo, coa mala sorte de que o balón pegou no travesaño e foise fora. Os rapaces en vez de venirse abaixo seguirían atacando e lograriamos marcar o 3-2 definitivo por mediación de Papu.
Os rapaces foron mellorando co paso dos minutos e pouco a pouco iamos xogando mellor.

Deja un comentario