Hoxe día 8 celébrase o día mundial da muller traballadora.
O clube tamén se une a esta reivindicación: Conseguir a igualdade real e efectiva, superar os estereotipos de xénero, corrixir a desigual distribución dos roles na sociedade e eliminar os obstáculos que impiden ás mulleres o pleno desenvolvemento profesional e persoal. Isto require do compromiso e implicación de toda a sociedade, organizacións e institucións da nosa Comunidade.