O pasado sábado tivo lugar a cea de confraternidade dos aficionados que poñía o broche a tempada 21/22, na que o equipo conseguiu meterse no grupo da fase de ascenso.
A cea asistiron coma non podía ser doutra forma, unha representación da directiva do club, así como a totalidade dos xogadores do plantel. A maiores dos xogadores, tamén asistiron a cea unha parte moi importante do equipo que non saen o terreo de xogo, pero que son importantísimas para o club, referímonos as parellas dos nos nosos xogadores. Elas tamén forman parte da familia do Balaídos, animando desde as bancadas e celebrando os triunfos dos nosos, así como acompañando e animando os nosos nos momentos máis duros da tempada. Grazas polo voso apoio, vós tamén sodes parte deste equipo e deste club.