O pitido final do derradeiro encontro da tempada, non só supoxo o final dun partido ou o final dunha tempada, para tres dos nosos significou o seu último partido.
Anxo (36 anos), Boro (37 anos) e David (43 anos) decidían colgar as botas poñendo fin as súas longas traxectorias deportivas. Con estas tres baixas o club rexuvenecera a idade media da plantilla, pero perdera 116 anos de experiencia futbolística difícil de sustituir. Tres xogadores que foron moi importantes no club e sendo, coma non podía ser doutra forma, capitáns, será raro ver os vindeiros encontros do equipo e non velos sobre o verde.
Desde o club queremos recoñecer e agradecer o seu esforzo e dedicación o longo de todas estas tempadas, sabedores de que deixan o listón moi alto para as novas xeracións de xogadores.
Tódol@s que formamos parte do Sentimento Verde, sabemos que unha vez que formas parte del este te acompaña sempre, polo que sempre serán un dos nosos. Moitas grazas por todo Anxo, Boro e David.