Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRONICA DA XORNADA
Alerta Navia C 3-6 Benxamín B
Bo partido dos benxamíns na mañá do sábado no campo anexo do Pahiño de Navia.
Comenzou o partido coma nos últimos cuns primeiros minutos nos que o equipo non sale todo o concentrado q debera o cal teremos q traballar para os próximos partidos. A pesar de todo, froito da presión alta na saída do balón rápidamente nos adiantariamos no marcador con dous goles de Mateo.
O 1-2 chegaría na xogada seguinte debido á un desaxuste en defensa no q a dúbida a hora de ir o balón dos nosos defensas xenerou unha clara ocasión que convertirían en gol. Vince puxo o 1-3 cinco minutos máis tarde, resultado co q acabaría unha primeira parte q a pesares de ter controlado o partido os nosos benxamíns estaban moi nerviosos e incómodos no terreo de xogo.
Na segunda parte o equipo tranquilizóuse e mellorou, Lucas poñeria o 1-4 dun bo disparo lexano e na seguinte xogada o Alerta reduciria distancias o marcar no centro dunha falta o segundo pau onde as dúbidas dos nosos defensas e porteiro orixinou o segundo gol dos locais.
O equipo non se descompuxo e nos dez minutos seguintes volveu marcar dous goles, Yoel e Mateo serían os encargados de por o 2-6 no marcador, o final do partido o Alerta marcaría o seu terceiro gol e Andrés na última xogada do partido con dous paradons a bocaxarro evitaría q o Alerta marcará o carto gol.
Bo partido por parte de tódolos nenos q nos deixa cuestións a mellorar pero nos enorgullece ver como o traballo q facemos semanalmente vese reflexado no campo.
A seguir traballando, para o vindeiro máis
Casablanca 2-4 Benxamín A
Gran partido dos rapaces, ó que xogaron hoxe en Coia contra o Casablanca. Despois de dúas derrotas, o equipo volveu gañar despois dun partido moi serio de todo o equipo. A primeira parte ía ser totalmente dominada por nós. O equipo estivo atacando durante prácticamente toda a primeira parte e defendéndose moi ben, sen conceder ninguna oportunidade ó equipo rival. Antes do noso primer gol, o equipo ía ter dous tiros ao pau e varios tiros que rozaron o poste. Ao final, o noso primer gol chegou tras un centrochut de Cristian que entrou pola escuadra rival. Ao descanso íamos gañar 0-1. Na segunda parte, o Casablanca comezou forte e empatounos axiña na primeira aproximación do rival tras un bo gol do dianteiro rival. Pero o equipo non se vino abaixo. Seguiron xogando con actitude e saíndo ben a contra. Pablo ía marcar o 1-2 tras unha gran xogada individual. 4 minutos despois, tras unha boa presión en campo contrario, Bruno ía marcar o 1-3 e a falta de 5 mínimo, de novo Cristian, ía colocar o 1-4 no marcador. Na última xogada do partido, tras unha pérdida na nosa área, o Casablanca ía marcar o 2-4. Moi contento coa imaxe do equipo de hoxe e de como os nenos axudaronse mutuamente. Parabens a todos os rapaces!
Goles: Cristian (2), Bruno y Pablo
Balaidos: Moledo 2-10 Infantís
Logo de dous partidos no que o xogo era moi bo pero os erros en saída de balón nos condenaban a encaixar máis goles da conta, por fin os rapaces teñen un premio a todo o seu bo traballo durante estos meses. Os nove primeiros goles chegaron na primeira parte, onde o equipo demostrou o perigoso que é cando deciden meterlle velocidade ao xogo. Os mediocentros lanzaban moi bos balóns á espalda de defensa contraria, e nos últimos metros souberon compartir e preferir a asistencia antes que o gol, o que, como reflexa o marcador, sempre é unha moi boa idea. Na segunda parte, Martín puxo o décimo gol no marcador de falta directa. Felicitar a todos os xogadores polo seu esforzo e destacar a actuación de César, que debutou marcando dous goles. Grazas de novo aos alevíns por botar unha man coa mellor das actitudes coma sempre.
Goles: Mateo 4,Martín 3, César 2 e Nico.
Apóstol 2 – Xuvenís 1
Pouco que dicir de este partido, todo se resume en rabia e malísima sorte….cando chegas vinte veces a área rival, tiras tres balóns os paos, dominas todo o partido e os rivais chegan tres veces e marcanche de rebote e no 94…
Perdemos a oportunidade de coller o liderado e tocanos remar pero se seguimos así todo é posible. Hoxe mais que nunca sentimiento verde.
Gran Peña 15-1 Alevín B
Partido no cal nos chegamos con montas baixas, solamente con 8 xogadores dos cales 3 eran porteiros. Moi boa actitud dos rapaces que pelexaron ata o final e lograron marcar 1 gol por mediación de Brais.
Femenino 0-4 Casablanca
Partido con baixa intensidade no que non hubo moito que destacar, nosotras chegamos con 8 baixas e 4-5 xogadoras xogaron lesionadas e fixeron o que puideron.
No minuto 27 nos marcaron o 1° gol e no 34 o 2°, nos seguimos loitando e intentando crear ocasións de gol.
Nos minutos finais do partido nos marcaron os outros 2 goles cando as nosas xogadoras xa non podían máis.
Casablanca 6-1 Prebenxamín
Partido no cal os nosos tiveron unha primeira parte caótica, custoulles entrar no partido, sobre todo na colocación, e recibiríamos 3 goles similares debido a manera de xogar do Casablanca, cando nos sabíamos a atacar eles deixaban a 2 xogadores na línea de fora de xogo do noso campo, e cando lles chegaba o balón encontrabanse sós contra o porteiro.
Na segunda parte os nenos saíron con moitas ganas e acabaron facendo un gran esforzo e sacrificio marcando un no gol tras unha pequena combinación que acabaría cun rechaze dentro da área culminado forte arriba. Pero a pesar do esforzo encaixaríamos outros 3 goles da misma maneira, sen poder facer moito xa que prefería eu que xogasen en bloque e acostumbraranse a xogar mais xuntos.
Contento por pequeños frutos que van saíndo a luz y polo esforzo que sempre lles pon no campo.
E no tan contento coa actuación do árbitro que aún no entendo cómo nestas categorías pitas tan a favor dun equipo, aún así non influiu moito no resultado.
Gol: Ivan
Coruxo C 7-1 Alevins
Bo partido dos rapaces que competiron ben ata os minutos finais do encontro, nos que os nenos sufriron a falta de enerxia, xa que non dispoñiamos de ningún cambio.
O partido comezou con moitas ocasións por parte dos nosos durante os 15 primeiros minutos. A mais clara a tivo Yeabsira a pase de Martín, que o deixou só diante da portería contraria na área pequena e sen porteiro, pero tivo a mala sorte de golpear por enriba do largueiro. Tras un erro en saída e unha boa xogada, o equipo rival conseguía chegar ao descanso con 2-0 a favor.
A segunda metade comenzaría igual que a primeira. Con moitas ocasións dos nosos e un pouco máis de fortuna, Samu anotou o 2-1 cun bo disparo dende a frontal da área. Os nenos seguiron en busca do empate, mais os paos e o porteiro rival lograron evitalo. O equipo rival tamén disfrutaba dun gran número de oportunidades de anotar, pero tanto a nosa defensa como Enzo, que realizou un encontro fantástico, conseguiron rexeitar os seus intentos.
Nos 10 minutos finais os rapaces notábanse cansos, e tras unha contra o equipo rival logrou anotar o 3-1. A partir dese momento os rapaces non foron capaces de reaccionar, chegando ao resultado final.
A pesar do marcador tan abultado, as sensacións son totalmente diferentes aos anteriores encontros. Quero felicitar aos rapaces por loitar ata o final a pesar da calor e as faltas de forza nalgúns momentos do partido.
Agradecer tamén a colaboración do Coruxo e a árbitra, que permitiron facer un receso en cada unha das partes do encontro para que os nosos nenos puideran beber un trago de auga e tomarse un respiro.
FUTBOL SALA
Campito FS 5 – Balaidos Cadete Femenino 3.
Partido espeso de las nuestras hoy, a lo que se le ha añadido bajas de última hora, y sólo hemos ido con un cambio. Partido con poco análisis, muy espeso por parte de nuestras jugadoras.
Desde aquí queremos enviarle tanto las compañeras como el cuerpo técnico, nuestro más sincero pésame a nuestra jugadora Pili y a, su familia por la muerte de su abuela. D. E. P