¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 24 de Setembro (2022-23) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

 

CRÓNICA

Pereiro 4 – Xuvenil 0
Derrota abultada fronte a un dos equipos chamados a loitar polo ascenso.
Dende o principio o rival mostrouse superior con e sen balón mostrando a su superioridade física.
A pesares do resultado o equipo non xogou un mal partido…a falta de gol comeza a ser preocupante e atrás seguimos a conceder demasiado.
Trataremos de mellorar as prestacions a semana que ven fronte a un rival directo e da “nosa” liga.

Cadetes 6-2 Peñasco
Victoria contundente dos rapaces hoxe no seu primeiro partido en casa. Dominio completo do partido a pesar de ir ó descanso gañando só 1-0. Na segunda parte os rapaces por fin déronse conta de que eran o mellor equipo sobre o campo e o fixeron notar, cun xogo moito máis alegre e vertical, chegando a área rival e, sobre todo, acabando todas as xogadas. Dous erros groseros en saída de balón nos últimos 15 minutos froito da relaxación e o conformismo manchan o resultado final con dous goles encaixados. Moi orgulloso deste equipo, que deu a súa mellor versión a pesar da caótica semana. Moito que traballar, pero a predisposición e o xogo cada vez son mellores. Noraboa rapaces, a por máis!
Goles: Pedro, Luca (3), Patiño e Nico.

Valladares 3-1 Alevín
Partido no que a superioridade física e técnica do rival, con moitos rapaces de 2º ano, marcou a diferenza especialmente na primeira metade, onde chegaron os tres goles en contra. Unha segunda metade moito máis competitiva fixo que nos achegáramos no marcador un gol, mentres mantimos a cero a nosa portería, pero non foi suficiente.

Infantiles 8-0 Matamá B
Partido en xeral moi completo dos nenos e sen sufrir a pesar de recibir un cartón vermello nos primeiros minutos. O encontro e as ocasións estiveron da parte do noso bando. Na segunda metade houbo moitas mais imprecisións e pases sen sentido, polo que baixou o nivel con respecto ao mostrado na primeira parte.
Goles:Alexander x3, Samu x4 David x1

Valladares 9 – 4 Prebenxamíns
O primero tempo meteronnos seis aínda que nos metimos dous no segundo tempo melloramos gracias a uns cuantos cambios dos nenos de posición y cun mello toque de balón deles , o que conseguimos foi mellorar xa que nos marcaron catro e nos marcamos un . Foi moi dificil xa que os rivales eran de segundo ano .

Mos Femenino: 10 Balaidos Femenino: 0
Partido controlado polo equipo local, que aproveitaron os múltiples erros propios na toma de decisión para ganar vantaxe rápidamente.
Na segunda metade, o Balaidos sae moito mais concentrado a nivel defensivo, mellorando en competitividade recibindo únicamente un gol.

Casablanca 1 – Balaidos aficionado 1
Partido en el que fuimos superiores. Comenzamos perdiendo 1-0 al retener un rival el balón en el suelo entre las piernas y al quedarse quietos los jugadores esperando que el árbitro pitara falta, golpean a gol marcando. En la segunda parte empatamos en una buena jugada de moussa que pasa a santi y marcamos el empate a 1-1. Posteriormente tenemos más ocasiones claras que no materializamos finalizando el partido con empate. Buen partido de los nuestros

Deja un comentario