Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
Ademáis do indicado no cuadro habitual de partidos, terán lugar estes outros:
CRÓNICA
Amistoso A Guía 1-9 Benxamín A
Bo partido o de hoxe no que cambiamos a disposición táctica habitual dos rapaces, pasando de xogar con defensa de tres a xogar con defensa de dous e dous mediocentros.
O traballo da semana deus os seus frutos e pasamos a controlar completamente o partido no mediocampo, os nosos mediocentros entenderonse moi ben. Esta disposición táctica nos fai crear moito máis xogo en ataque e tampouco sufrimos en defensa. Boa proba con bo resultado para que os rapaces collan confianza no sistema, pero con moito traballo aínda por diante. Destacar tamén a Andrés que nos intres finais do partido detivo un penalti.
Toca seguir traballando
Amistoso A Guía 3-5 Alevin B
Bo partido e moi competido dos rapaces nun día onde a calor notouse moito pero a pesar diso, os rapaces levaron a dianteira no ritmo do partido e nas ocasións. Aproveitamos moi ben os contraataques e a mellora ofensiva que estamos tendo nos últimos partidos. Tamén destacar o excelente traballo dos nenos nos marcaxes individuais e rexeitando todas as accións de 1vs1. Dous dos tres goles encaixados foron nos últimos 2 minutos, cando o equipo estaba moi canso debido ó gran esforzo realizado, pero aún así, no resto do partido estiveron impecables en ambas áreas. Moi contento con eles e a seguir traballando!
Goles : Cristian (2), Pablo, Bruno e Joel
Infantil 5-1 Chapela B
Moi emocionante partido o de esta mañá no Colexio Apóstol. O campo só permitía un partido trabado, sen posesións longas e con moitas disputas no mediocampo. Así foi durante a primeira metade, ningún equipo xogou o balón raso en practicamente ningún momento, tamén condicionados polos nervios das semifinais. Na única boa combinación por abaixo do noso equipo chegaría o noso gol, o Chapela empataría no último minuto tras unha pérdida de balón no noso mediocampo. Na segunda parte sobiríamos as liñas de presión e a partir de ahí, o dominio do partido pasou a ser noso. Boas xogadas por banda e dos nosos dianteiros, combinando e pisando área con moito perigo. Os minutos finais do partido foron marcados por tres expulsións ao equipo rival, debido ás protestas da grada ao árbitro, polas cales os nenos do Chapela víronse afectados. Gran partido dos rapaces que son finalistas desta Copa Delegación de xeito moi merecido, nos espera o Erizana. Só queda un pasiño máis!
Goles: Isma 2, Joel, Roberto e Pedro.