Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Benxamín A 7-0 Cultural Areas
Bo partido dos rapaces ante un gran rival que deu moita batalla.
Primeira parte na que aínda que xogamos gran parte en campo rival o gol non chegaba en parte debido a precipitacions nosas o chegar a zonas de perigo que facían que non sempre escolleramos a mellor opción e o Cultural asustaba con contras que os nosos defensas defendían moi ben. Primeira parte de moito traballo e esforzo co que se chegaba o descanso sen moverse o marcador.
Na segunda parte os nosos seguiron loitando sabedores de que traballando así era cuestión de tempo que entraran os goles. Unha falta próxima a área rival foi o detonante que abríu o marcador, Unai metía a falta directa pola escadra e abría a lata dos goles. Despois deses foron chegando máis ata sete en total, moitos deles gracias o traballo de Mateo que se partíu a cara polo equipo. O último gol foi obra de Beltrán que voltaba hoxe os terreos tras un largo período de inactividade e que mellor forma de volver que marcar un gran gol.
Victoria que nos mantén nos postos nobres deste grupo de ascenso.
Orgulloso de este equipo que sigue a demostrar que non é mellor o que nunca falla, senón o que nunca se da por vencido, hoxe loitaron ata que entrou o gol sabedores que entraría.
Seguiremos traballando, o mércores máis
Alevín A 2-1 Santa Mariña B
Partido moi completo dos rapaces, moita intensidade e esforzo defensivo para recuperar o balón en medio campo. O equipo gañou case todos os segundos balóns nun partido no que nalgúns momentos a circulación de balón non foi o suficientemente fluida para superar a presión rival. Moi contento co esforzo dos nenos nun encontro moi físico, con continuas disputas xogadas aisladas.
Trala victoria, superamos ao Santa Mariña na clasificación e nos afianzamos na segunda posición. Noraboa para todos os rapaces polo traballo, a por mais!
Goles: Alex e Mateo
Alevin B 3-2 Moledo
Bo partido e moi competido e igualado ante un bo rival que xa nolo puxo moi dificil na ida. Os primeiros 10 minutos ían estar igualados, con ocasións para ambos equipos , onde ambos porteiros ían estar moi acertados. O noso primeiro gol ía chegar tras un bo roubo de Covelo, que asistiria a Pablo para marcar o primeiro. No resto da primeira parte ibamos a sufrir a presion do Moledo e as boas accións do seu mellor xogador, o 7, que foi un quebradizo de cabeza para nosa defensa. Ao final o Moledo empataria antes do descanso tras un centro que rebotaria nun dos nosos defensas. David evitaria que o balon entrase por completo , pero o arbitro decidiu dar gol. Un gol “fantasma” que non quedou nada claro que entrase por completo. E como vén sendo habitual nos nosos ultimos partidos, o descanso lle vendria ben aos rapaces, que saíron a morder e a gañar desde o primeiro momento da segunda parte. Cristian marcaria o segundo tras unha gran asistencia de Santi e minutos mais tarde o propio Cristian volveria a marcar , esta vez tras unha asistencia de Covelo tras unha gran xogada por banda. O arbitro nos anularia un gol nos ultimos minutos tras un fóra de xogo milimetrico. Debido ao esforzo final, o Moledo consiguio recortar distancias pero o equipo soubo aguantar ben. 3 puntos moi importantes que nos fan ser lideres provisionais, a falta do que faga o Rapido de Bouzas, que non xoga ata a semana que vén e estan obrigados a gañar. Moi orgulloso dos rapaces, do que estan mellorando , do ben que estan competindo e do moito que se estan esforzando. A seguir!!!!
Goles : Cristian (2) e Pablo
Benxamin B 1-2 Alertanavia
Partido traballado e competido dos rapaces ante o segundo clasificado da liga. O partido comezaría moi ben, cun gol de Alan no minuto 2 de partido. Durante a primeira parte, houbo ocasións claras para ambos equipos, destacando 3 pola nosa banda de Vince, Alan e Iván. Antes do descanso empataria o Alerta. E na segunda parte, o equipo comezou a acusar o cansazo e debido a iso, o rival marcaria o segundo e definitivo gol do partido a falta de 10 minutos para o final. O intentamos nalguns contraataques finais pero non pudimos lograr o empate. Felicidades aos nenos pola mellora, grazas ó traballo das súas adestradoras e dos propios nenos.
Gol: Alan
Prebenxamín A 4-2 Alertanavia B
Partido que dominamos en todo momento, ya que los niños combinaron más que nunca. En la primera parte nos iríamos con una ventaja de 2-0 en el marcador. En la segunda volveríamos a meter otros dos goles mientras que ellos también nos los meterían a nosotros en dos contras. Destacar el completisimo partido de Antón y las paradas incontables que hizo el portero del navia, muy buen portero.
Goles: Izam, Antón, Diego y Joel.
Esta semana non houbo partidos de fútbol 11