Xornada do fin de semana do 15 de abril (2022-23) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Gran Peña 4-2 Infantil
Hoxe visitamos o líder da categoría que só cedeu un empate en toda a tempada, gañando o resto de encontros. Os nosos comenzaron xogando ben e tendo control do xogo pero un erro posicional dos nosos centrais fixo que o rival se adiantara no marcador.
Dous erros máis na segunda parte fixeron que o Gran Peña se puxera 3-0 no partido o cal parecía xa estar decidido, pero os infantís non baixaron os brazos en nos últimos 5 minutos do encontro puxéronse 3-2 no marcador. O desconto foi cos nosos volcados en ataque e do que pudo ser o 3-3 pasamos cun gran golpeo do rival o 4-2.
Bo partido dos nosos que quitando erros puntuais melloraron no traballo defensivo.
Seguiremos traballando para seguir mellorando por líneas e chegar a competición de copa co equipo forte en tódalas líneas.

Cristo Victoria 5 – 3 Alevín
Partido de dúas metades totalmente distintas. Ao descanso chegouse gañando 2-3 tras unha gran primeira parte, con moito esforzo colectivo para saír xogando e tapar ocos. Sen embargo, ao comezo da segunda viño o empate, ante o que non se soubo reaccionar. Pouco despois, unha lesión do noso central Javi fixo que non puidera participar nunha xogada que aproveitou o rival para marcar o 4-3. O equipo víñose abaixo e rematou o partido perdendo todo o control que se conseguiu na primeira metade. O xogo comeza a mellorar, pero hai que seguir traballando na mentalidade do equip

Deja un comentario