¡SENTIMENTO VERDE!

Voltamos ós adestramentos o vindeiro mércores día 24 de febreiro

Ola a todos,
o Mércores 24 de febreiro retomamos os adestramentos de tódalas categorías de xogadores e xogadoras federados/as.

  • O futbol sala feminino Cadete e xuvenil adestrarán para a semana, o martes e xoves no pavillón de Sárdoma de 18:00 a 20:00 horas.
  • O fútbol Senior feminino adestrará o martes e xoves no pavillón de Roteas en Coruxo de 21:00 a 22:00 horas.

De acordo coas restricións vixentes, ningún xogador/a do Balaídos pode infrinxir o toque de queda (chegar ao seu domicilio despois das 22:00 horas) nin peche perimetral (os non residentes en Vigo estarían incumprindo o peche perimetral ó desprazarse para adestrar), polo que o club non pode emitir ningún salvoconducto (coas restricións antes de suspender os adestramentos, si era posible).

Vémonos para a semana.

Deja un comentario