Juvenil de Ponteareas B 3-4 Balaidos cf
Partido moi bonito o do pasado mércores no Federativo de Coia que terminaría proclamando campeón os verdinegros.
Comezou adiantándose o Juvenil no marcador. Os de Ponteareas dominaban o partido, e o resultado para o descanso era 2-1 para eles. Nada máis comezar a segunda parte Sergio Bello empataría o partido cun bo gol de cabeza. Os poucos minutos o Juvenil adiántariase outre vez cun bo gol do seu dianteiro. Tocaba remar. Nos últimos 10 minutos Nico empataba cun bo gol. E no último suspiro do partido, cando todo parecía que ía ir a prórroga un penalti decidiu o partido. Nico metería así o seu tercer gol da noite e daba os de Rober a ansiada victoria.
Título máis que merecido de este equipo, que leva sen perder dende Marzo.
Noraboa a todos!!