Bolsa de roupa usada

Si tes roupa do Balaidos (camisetas, chándal, medias, pantalóns, botas de fútbol/fútbol sala, …) que non uses ou que non necesites, podes entregala ao teu adestrador para que a recolla e pase a formar parte da bolsa de roupa usada.

Esta roupa estará a dispor de quen o necesite.

Así poderémoslle dar unha nova vida ás prendas e equipación que xa non vaiamos a usar.

Estas prendas poderán solicitarse á directiva ou a través dos adestradores que o farán chegar á directiva para xestionar a solicitude. Deberás indicar o que necesitarías e a talla.

 

Animádevos a encher esta bolsa de roupa usada para que poidamos dispor todos.

Deja un comentario