A sección senior e base do equipo feminino Talleres ABC Vigo Fútbol Sala incorporase a estrutura do Balaidos C.F. consolidando así a nosa aposta pola fútbol e fútbol sala feminino.
Froito de esta unión, a maiores do equipo sénior de fútbol 11 feminino co que xa contaba o club, ampliase a mais que probable creación de un equipo sénior feminino de fútbol 8 así como os equipos femininos de fútbol sala: Sénior categoría preferente, Sénior 1ª Galega, Xuvenil, Cadete, Infantil e a tamén mais que probable creación de un equipo sénior en categoría local.
O Talleres ABC Vigo Fútbol Sala feminino incorporase coa totalidade das súas xogadoras e técnic@s o Balaidos C.F., destacar a súa traxectoria nas tempadas anteriores:
Sénior categoría preferente: Tras disputar as tempadas 17/18 na primeira galega, conseguen o ascenso a preferente galega na tempada 18/19 e na 19/20 estaban a realizar unha gran tempada ata que a Covid19 suspendeu as competicións.
Cadete primeira Galega: Tras quedar 4º clasificado en liga e subcampionas de copa na tempada 17/18, conseguen un 2º posto en liga na tempada 18/19, e na liga Cadete Galega quedan 1º clasificado conseguindo a participación no Campionato de España.
Infantil primeira Galega: Conséguese un 3º posto en liga e un 2º posto en copa na tempada 17/18, na tempada 18/19 coa renovación de gran parte das xogadores por cambio de categoría conséguese unha gran clasificación en liga, da mesma forma que ocorría na tempada 19/20 antes da suspensión pola COVID.
O traballo do Talleres ABC Vigo Fútbol Sala na promoción das xogadoras coincide co ideario do Balaidos CF o cal levou a bo porto a incorporación da sección feminina de fútbol sala no noso club, para unir forzar e traballar conxuntamente para conseguir un crecemento deportivo, humano e persoal de cada un dos que compoñemos a gran familia do Balaidos C.F., o cal nos levara a consecución de obxectivos maiores.