160 equipos e máis de 2000 xogadores disputarán o X Torneo de Nadal

O noso presidente estivo presente na posta de largo do X Torneo de Nadal do Concello de Vigo.

É unha festa do fútbol base coa décima edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo. Do 26 ao 29 de decembro.

Once campos de fútbol da cidade acollerán a 160 equipos e ao redor de 2.200 novos futbolistas de entre 6 e 15 anos.

O evento, presentado polo alcalde Abel Caballero, o concelleiro de Deportes Manel Fernández, e o presidente da Asociación de Fútbol Afeccionado (Afavi), Daniel Costas, promete superar todas as expectativas e consolidarse como unha cita ineludible no calendario deportivo vigués.

Enlace a máis información no Concello de Vigo

Enlace a máis información no Faro de Vigo

Enlace a máis información en El Español

Aquí podemos ver a participación dos prebenxamíns no Torneo

 

 

O Cadete quedou fora do torneo de Nadal en cuartos de final fronte o Casablanca “B” 
O Infantil eliminado. Era imposible pero xogou ben e serviu para apredender a colocarse mellor.
 
Aquí vemos a representación do Balaídos C.F

 

 

Deja un comentario