Xornada do fin de semana do 18 de Marzo (2022-23) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Santa Mariña B 3 – 1 Alevín
De novo un bo partido dadas as circunstancias, xogando na casa do segundo clasificado e sen poder contar co noso porteiro. O equipo seguiu na liña do partido anterior, xogando con máis confianza e tendo boas ocasións ante un rival de moito nivel. Pese a encaixar os dous primeiros goles, a piques do descanso acortamos distancias, chegando a unha segunda parte na que o partido puido caer de calquera lado. Unha man tonta na nosa área causou un penalti que puxo o 3-1 no marcador. A partires dese momento os rapaces seguiron buscando a remontada, sen éxito esta vez, pero completando igualmente un bo partido no que seguimos na liña que queremos.

Atios 3 – Xuvenil 0
Derrota fronte a un dos aspirantes ao ascenso.
Chegamos ao partido con moitas baixas pero o equipo deu a cara en todo momento, especialmente na primeira parte onde equipo xogou mellor que o rival.
Mediada a segunda metade recibimos o gol do Atios o que nos creou dubidas e en duas xogadas aisladas preto do final encaixariamos dous goles co equipo volcado ao ataque.

Bouzas B 6-3 Infantil
Partido con dúas partes moi diferentes. Os primeiros 20 minutos da primeira parte foron horribles pola nosa parte. 1-0 os 35 segundos de partido e 3-0 no minuto 16. O resto da primeira parte foi mala pero sen recibir máis goles.
No descanso cambiamos sistema de xogo e os xogadores saíron enchufados para igualar o partido 3-3 e tendo ocasións claras de remontar o partido. Despois dúas faltas pegadas o largueiro, onde non chega por altura o noso porteiro, decantaron o partido do lado rival, pero o equipo non deixóu de loitar e foise arriba en busca de recurtar distancias.
Quedámonos cos 30 minutos da segunda parte de bo xogo e traballaremos para que pasen de ser 30 a 80.

Deja un comentario