Xornada do fin de semana do 25 de xaneiro (2019-20) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

 

 

CRÓNICA DA XORNADA

Choco “B” 5 – 0 Cadetes
Partido de luces e sombras. A peor primeira parte da tempada onde nos imos 4 – 0 ao descanso, nin un pase, nin un control… Só un equipo no campo. Na segunda parte se concienciaron dos erros cometidos e tivemos ocasións para polo menos facer fronte a un gran equipo. Seguimos…
Alertanavia B 4-5 Alevines A
Partido emocionante hoxe en Navia. A primeira parte dos rapaces foi un borrón respecto a como están traballando tanto durante a semana como nos partidos. Moi baixa intensidade nos balóns divididos e toma de decisións incorrecta na maioría das xogadas. Caíamos 4-1 ao descanso, pero a segunda parte foi diferente. Moi boa presión no campo rival e a seguridade dos pases, correndo e compartindo o balón co compañeiro e así foi como chegaron os goles. Destacar a importancia dos 13 xogadores do equipo, todos poñen o mellor que teñen cada vez entran ao campo. Grazas aos padres polo apoio! Goles de Samu (2), Ángel (2) e Anxo.
Balaidos 1-Candean 3 Benxamín
Felicitar a tódolos nenos. Hoxe os erros foron meus. Pero esto vai moi ben xa que compiten
Prebenxamíns 2 – 2 A guia A
Partido moi moi bo do prebenxamin hoxe. Comezamos gañando despois de varias oportunidades cun gol de Mateo. Pronto empataria A Guia cun gol nun erro defensivo, un dos poucos no día de hoxe. Na segunda parte comezamos incluso mellor ca primeira, moitisimas oportunidades que se materializaron nun gol de Lucas de falta directa por toda a escadra. Estos foron os nosos mellores minutos, un pao impediu a sentencia para os nosos e nunja contra A Guia empataria para deixar o resultado sentenciado. Empate qie sabe a pouco despois dun partido no que, sinceramente, penso que puidemos levarnos algo mais… Esta liga é asi… Así que a polo seguinte!!
Alevines B 4-0 Erizana
Moi bo partido dos rapaces. A primeira parte foi moi igualada na que ambos equipos iamos ter bastantes ocasiones pero ningun equipo puido materializarlas e iamos ir ao descanso 0-0. Na segunda parte exercemos presión alta e iso favoreceunos. Logo de conseguir o primeiro gol, o equipo foi a mais e conseguiu o resto de goles combinando bos contrataques con xogadas combinativas. Así conseguimos unha vitoria importante nun gran partido. A seguir sumando.
Goles: Joel, Leo, Rodrigo y Xavi
Xuvenil b 3 – independiente 2   
Boa primeira parte donde o equipo fixo un bo xogo chegando o descanso cun 2-0.no segundo tempo o equipo confiouse e en duas faltas a balon parado encaixamos 2 goles en ambos erros do porteiro.o equipo crece e esperamos mellores resultados na segunda volta.
Benxamín B 1 – 0 Chapela
Partido traballado onde puidemos meter máis goles pero non houbo sorte cara o gol.
Felicidadesss peques e a seguir traballando.
Coia B 3-6 Infantis
Partido no cal na primeira parte chegamos cun empate a 1 e tendo nos algunha ocasión de gol para ir por diante no marcador. Na segunda parte aproveitamos os espazos e tivemos mellor puntería. Seguimos sumando e os rapaces van traballando cada vez mellor. Estamos moi contentos con eles
Aficionados 0-2 Coia
Partido muy igualado onde se decidió en duas acciones aisladas.  Seguir traballando y intentar sumar no próximo encontró.
Chapela 1 – Xuvenil A 2
Vibrante partido o de hoxe.
Nunha primeira parte moi igualada e con alternativas chegariamos o descanso con empate a 1.
Trala reanudación os nosos lanzaronse con ahínco cara a portería rival, fallando mulltitude de ocasions… Faltando 10 minutos, o partido converteuse nun ida e volta con moitas ocasions en ambolos lados.
No 93, Lamas metería case dende o medio do campo un auténtico golazo por toda a escadra levando o delirio a bancada.
Trala victoria voltamos aos postos de fase de ascenso nun momento do ano onde nos enfrontaremos nestos dous meses a todolos rivales directos por un posto na fase de ascenso a liga galega.

Deja un comentario