Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil 2-3 vigo2015
Ao principio non nos saía nada pero fomos ao descanso perdendo 2-1
Na segunda parte xa empezamos a tocar mellor onde nos adiantamos ao empate xogando máis de fronte, tivemos máis ocasións que o rival pero non chegamos a tirar, os goles viñeron por dous fallos que temos que tratar a corrixir un por lateral de pase e outro do porteiro, o 3 gol veu por cambio de porteiro e non mediu ben a portería, na segunda parte tivemos un penalti que o árbitro non pitou e acabo a xogada con final de partido, están a progresar e os resultados van chegando non se trata de gañar se non de render no campo.
Goles 2 yan Carlos
Asistencias Samuel y jhogan.
Cadetes 6-1 Vilariño B
Unha victoria máis dos nosos cadetes. Inicio lento no que costou encontrar o ritmo e o home libre. O noso central Mateo empezou a interpretar moi ben a presión dos rivais e o equipo mellorou chegando 2-0 ao descanso. A segunda metade comezaba mal encaixando de falta directa que só víu o árbitro. Os rivais envalentoáronse e comenzaron as protestas e as entradas a destempo, pero o Balaidos respondeu da mellor maneira posible, dominando os 40 minutos e marcando catro goles máis. Noraboa aos rapaces por conseguir outros merecidos tres puntos!
Goles: Juan, Mieses, Hugo, Pereira, Miguel e Mateo.
Burela fútbol sala 2- 1 Balaídos fútbol sala femenino
Un bo partido moi disputado que se decidiu polo acerto nas áreas, mala puntería
Feminino 2 – Salgueiriños 3
Partido moi físico, con falta de ritmo e varios erros de colocación. Nun deses erros chegou o primeiro gol do equipo rival. O equipo mellorou o suficiente como para conseguer o empate pero, no minuto de desconto nunha moi mala saida de balón de porteria, encaixamolo segundo.
Empezámola segunda parte cun penalti riguroso en contra e ampliando a vantaxe das rivais. Seguido dun monólogo das nosas xogadoras na que, a pesar de ter varias ocasións claras de gol, so conseguimos reducila vantaxe nun punto.
Goleadoras:Nerea e Barby
Senior 4 – 3 U.D. Ribera