Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Cadetes 8-0 Moledo B
Victoria contundente dos cadetes, cumplindo o obxectivo que buscábamos dende a charla previa ao partido, dominar e atacar o maior tempo posible. Dominio absoluto como transmite o resultado. Dar as gracias a Juan de infantiles polo seu esforzo, que xogou os 80 minutos e marcou un Hat-Trick! A por mais rapaces!
Goles: Juan 3, Denis, Mateo, Blas, Peleteiro e Nico.

Infantil 5-3 A Cañiza
Dominamos moi ben o primeiro tempo, os alevins Enzo e Samuel de arriba gañaron moita presión e fallaron moito, obrigámoslles a xogar arriba, dominando un 4-1. A segunda metade baixamos o ritmo onde o rival tiña dous xogadores moi zurdos onde fixeron o que querían, foron moi bos, onde marcaron 2 goles moi rápido e chegamos ao 4-3 e finalmente un pase de Samu a Jhogan onde marcou un bo gol ante o porteiro un contra un onde gañamos o partido por bo traballo esta semana, esperamos seguir como esta semana, e máis 💪

Xuvenís 2-2 Sporting Guardes
Punto que sabe a pouco conseguido a mañá do domingo en Traviesas. Os nosos foron superiores durante todo o partido grazas aos esforzos defensivos e presión tras perda de balón, conseguido multitude de recuperación en campo rival e cerca de portería contraria. Só a falta de acerto cara a porta na decena de ocasións que tiveron impedíu a victoria local.
Goles: Lucas e Tomás (penalti).

C.D. Choco “C” 0-1 Alevíns
Bo toque de balón e xogo en equipo durante a primeira parte, no que foron moi contundentes en defensa sen permitir chegada rival e conseguindo así o único gol do encontro.
Na segunda parte o Choco apretou mais e notáronse os nervios nos xogadores. Os erros nos tiros rivais e as boas accións do noso porteiro fixeron que levaran os puntos para casa, o que serve, sobre todo, para mellorar a confianza dos nenos, que son quen de facer un bo traballo. Un día no que se veu o feito nos adestramentos.

Salgueiriños 1 – 1 Balaidos Femenino
Primeira parte case perfecta a nivel de xogo do equipo.Tivémola posesión do balón case a totalidade dos primeiros 45 minutos. Hoxe saiaíanos todo: as combinacións, paredes, triangulacións, desbordes na banda…
A Segunda foi parecida a nivel de xogo co premio de marcar o gol. Tivémola posesión ata os últimos 10 minutos, no que, tras varios saques de esquina consecutivos, non fomos capaces de evitar o empate case no último minuto do partido.
Goleadora: Megan