Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil 2-5 Matama B amistoso
Xogamos moi ben 55 gañando 1-0 onde por fallos de central e medios lévannos moi fácil e póñense ao 1-1 corrixindo iso metemos o 2º Gol pero nótase os cambios e teñen que aprender todos e remóntannos o partido pero o amigable púxonos a proba de corrixir moitas cousas para a seguinte semana.
Enzo Henrique, santiago e Samuel os alevíns moi ben 💪
Atlántida de Matamá “B” 5-7 Alevíns
Boa intensidade e actitude dos rapaces que conseguiron remontar o partido en 5 ocasións.
Na segunda metade conseguiron unha mellor colocación evitando que o rival chegase case a portería. Ademáis con varias chegadas marcaron os 2 últimos rematando así o partido.
Femenino 2 – 0 Tomiño
Bo partido do Femenino que consegue os tres puntos. Primeira parte moi pelexada, no que o noso equipo tivo o dominio do balón xunto coas mellores ocasións ofensivas. Logrando ir ao descanso cun gol a favor.
Pola contra, na segunda metade, deixamos de procurar o dominio do balón e buscamos os espacios as costas das rivais. Conseguendo así o derradeiro gol do partido. Destacar a labor de tódolo equipo que conseguiron anular toda ocasión de gol que puideron xerar as xogadoras rivais.
Gran traballo das nosas xogadoras, seguimos mellorando.
Goleadoras: Nerea e Barby