Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

 

CRÓNICA

Alevíns 7-1 Sárdoma C.F. ”B”
Moi bo partido dos nenos que xogaron con pouca individualidade e máis en equipo, podendo ver un bo fútbol.
Recalcar verbas externas o equipo sobre a deportividade dos rapaces.

Benxamin 4-1 Oiense
Gran partido dos rapaces, pelexaron con todo ata o final e non daban un balon por perdido

San Mateo 2 – Balaidos Femenino 4
Grandísimo traballo do feminino no que o equipo local púxose por diante no marcador ata en dou ocasións. Comezou o partido coa peor das situacións, na que, tras un error defensivo, permitiron ao equipo contrario marcar o primeiro gol. Espertaron as nosas xogadoras e, co dominio do balón, lograron afogar ás rivais ata conseguir empatar o marcador e, tralo empate, un novo despiste permitíu marcar ao San Mateo.
Tralo descanso o equipo conseguiu darlle a volta ao partido, grazas ao traballo en equipo de tódalas xogadoras, marcando os derradeiros 3 goles que lle darían a victoria ao Balaidos.
Destacar o esforzo de Nerea que tívose que reconverter en Porteira para a xornada de hoxe.
Goleadoras: Faith (2), Barby e Wis

Senior femenino fútbol sala Fisober 3- Balaídos 1
Bo partido realizado contra o líder, chegando case hasta o final con posibilidades de puntuar marcáronnos o 2-1 faltando 9 minutos e o terceiro a falta de 20 segundos cando estabamos a xogar de cinco para buscar o empate, unha pena pero competiuse ben.

Senior masculino Balaidos 2-2 coia
Gran partido de ambos conxuntos, ambos con bo trato do balón e presións altas , o balaidos adiantouse por dúas veces , pero o equipo rival foi quen de empatar nun partido de alternativas , ambos puideron levarse o partido no tramo final , pero quedaría o empate no marcador , que visto o acontecido no terreno de xogo semellaba ser o mais xusto, os rapaces continúan terceiros ,en postos de ascenso con 4 puntos de ventaxa sobre o quinto clasificado.

Xuvenil 3 – Nieto 2
Primeira parte igualada na que os rivais se adiantan no marcador pero que o equipo consegue remontar con goles de Luca e Álvaro. Preto do final da primeira metade o noso porteiro, Hugo, detén un penalti.
Na segunda metade os visitantes levaron o peso do encontro e conseguirían empatar debido a un grave erro defensivo. O equipo quedouse con dez xogadores a falta de dez minutos pero ainda así no desconto conseguiría os tres puntos grazas a un cabezazo de Sergi.

Con esta victoria o equipo xuvenil consegue o ascenso matemático a nova liga provincial a falta de sete xornadas para o final da liga.

Cadetes 3-4 Alertanavia B
Partido que comezou mal para nosos rapaces. O equipo non soubo sacar vantaxe na saída de balón como nas anteriores semanas, pecando de ter demasiada presa e pouca concentración e intensidade nos segundos balóns. Aínda así, cando conseguían darlle continuidade ao xogo, chegaban con facilidade a situacións favorables en campo rival. Na segunda parte, o equipo comezou a ser máis valiente e combinar por dentro, o que levounos a ter moitas ocasións claras. A pesar do esforzo dos nosos cadetes, empatando o partido ata en tres ocasións, o Alertanavia levouse o partido cun gol no minuto 82.
Goles: Yoel, Hugo e Pedro.