Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Santa Mariña “C” 2-0 Cadete
Gran partido dos rapaces baixo a néboa en Cotogrande. Primeira parte case perfecta, excelentes nos esforzos defensivos e saíndo de maneira moi limpa, chegando en varias ocasións a área rival. Na segunda parte o rival axustou ben e aos nosos costoulles moito máis saír. Ainda así, defenderon con todo o que tiñan mostrando una actitude exemplar. O rival decidíu o partido con dous disparos dende máis de 25 metros moi difíciles de ataxar para o noso porteiro. Noraboa rapaces polo gran xogo e esforzo, este é o camiño!

Prebenxamíns 2-1 Pereiro
Primeira victoria dos peques. Sentimento verde!!

Lavadores B 14-0 infantil
5 ocasións onde na primeira parte metéronnos 10 goles. Xa na segunda empezan a tocar máis o balón e se nota a defensa. Seguir mellorando e traballando con eles.
O rival e os adestradores xa nos chamaron malos e paquetes. É incrible con esta xente pero xa caerán igual que nós. Eles foron a marcar seguido sen tocar o balón 2 deles tocaban o balon e tiraban ó noso porteiro por arriba non chega lóxicamente porque é pequeno.

Rápido Pereiró 0-11 “D”- Alevíns
Pese a un resultado abultado a favor do Balaídos, o partido non destacou por un bo xogo, sendo escaso o movemento do balón e con moito desorde no campo.
Demasiada individualidade e pouco xogo en equipo.
Polo lado positivo tras unha tempada complicada e un partido desfavorable, da un toque de confiaza o equipo e os rapaces que levan menos tempo xogando, que nesta ocasión conseguiron anotar.

Mosende 3- senior 3
Destacar a actitude destes xogadores que remontaron 3 veces o resultado e case se nos dá a vitoria. Unha demostración de carácter e sacrificio
Goles Santi 2 e Firmes

Senior sala Estrela Futsal 5- 1 Balaidos
Derrota diante do posible campión , onde saímos con moito medo a ter balón e dedicámonos a defender, ata que xa tiñamos o partido perdido e soltámonos un pouco en ataque e viuse mellor xogo

Balaidos Feminino 2- 2 Gondomar
Grandísimo traballo do equipo feminino. Comezou o partido co dominio das nosas xogadoras, ate o minuto 19 que, tras un error defensivo, o equipo visitante consegue marcar o primeiro gol. Reaccionaron as nosas xogadoras con mellor xogo e dominio do balón, lograron afogar ás rivais ata conseguir empatar o marcador.
Tralo descanso o equipo conseguiu darlle a volta ao partido, grazas ao traballo en equipo de tódalas xogadoras, marcando de saque o segundo gol. Tralo segundo gol, o partido foi un monólogo do balaidos no que as rivais so puideron enviar balóns en largo na procura da súa dianteira e, por desgraza, con Aroéxito. Finalizando o partido sen un premio maior.
Goleadoras: Barby e Aroa.

Caldelas 1-1 Xuvenil
Partido de loita e coraxe no medio dunha tormenta que pouco deixóu xogar o fútbol. Co campo inundado fíxose imposible outra cousa que non fose o xogo directo. Partido completamente igualado ata que na segunda metade, despois de varias ocasións de gol, Mamadou Lamin consegue bater o porteiro nun man a man. Parecía que o Balaídos ia traer os tres puntos ata que nunha xogada de mala fortuna, o rival rouba ao borde da área grande e mete un balón no segundo pau, para que o dianteiro rival acadase o empate. Mención especial ao noso porteiro Dani, que fixo un traballo inmellorable.