Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA


Senior masculino 2-0 C.D. Teis
O equipo Senior masculino xa é equipo de segunda. Noraboa para todos os que fixeron este éxito posible.

 

 


Moledo 12 – 0 Alevín
Mañá intempestiva en Sárdoma, sufríu o Balaídos cun xogador menos durante todo o partido e loitando contra vento e chuvia.

 

Xuvenís 3 – 5 Gran Peña
Mellora insuficiente do Balaídos.
Comezaba o partido con gañas de dominar por parte dos locais, que con mellor xogo tivo as primeiras ocasións, aínda así ,sería o gran peña o primeiro en adiantarse no marcador e dous minutos máis tarde volverían a marcar. Fixo xusticia antes do descanso Pablo Colinas recortando a distancia no marcador.
Na segunda metade, de novo Colinas consegue o empate de cabeza. Non durou moito a alegría, nos seguintes minutos os visitantes encontrar moitos espazos y marcan tres goles rápidamente. Xa nos minutos finais Álvaro Blanco recorta distancias cunha boa xogada personal por banda dereita.

Cadete 4-1 Rápido Pereiró B
Segunda victoria consecutiva do equipo cadete. Os nosos entraron de maneira inmellorable ao partido, roubando un balón á primeira liña rival e poñéndose por diante no primeiro minuto. A partir de ahí, o equipo loitou contra a súa impulsividade e precipitación, logrando co paso dos minutos baixar o ritmo de xogo co balón e encontrar aos xogadores libres con numerosos pases no carril central. Foi nos primeiros 15 minutos da segunda parte o equipo sentenciou o partido con 3 goles máis, e tivo varias ocasións máis para aumentar a goleada. Os cambios fixeron un bo traballo e mantiveron a seriedade e intensidade defensiva.
Goles: Yoel, Juan, Pedro 2.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Savaterra 1 – 4 Balaidos Femenino
Partido traballado do feminino no que o equipo local púxose por diante no marcador nos cinco primeiros minutos do partido. Os nervios e as presas converteron a primeira parte do partido nun batiburrillo de xogadas mal finazadas. A pesar de todo, conseguimos empatar o marcador antes de que se pitase o final da primeira parte.
Tralo descanso o equipo conseguiu serenarse e mover o balon con mais criterio, egrazas ao traballo en conxunto, marcando os 3 goles que lle dan a victoria ao Balaidos.