Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Coruxo F.C “A” 11- 0 Alevíns
Partido complicado cunha gran parte do tempo facendo labor defensivo no que demostraron mellora de cara os inicios de tempada.
Pese o resultado e a dificultade, tiveron momentos de orde no campo e, sobre todo na segunda parte, varias chegadas a portería rival.
CD Teis “B” 1-7 Cadetes
Empezaron os cadetes encaixando un gol por un erro en saída de balón, roubando o dianteiro rival aos pés do noso porteiro e rematando a pracer. Esa foi a última vez que o Teis pisou a nosa área, xa que os rapaces dominaron o partido de principio a fin. Non foi o mellor partido a nivel de fluidez de xogo, pero a intensidade e a concentración defensiva bastou para golear. Boa vitoria e os rapaces queren máis!
Goles: Mieses 2, Pereira 2, Hugo, Blas e Joel Mena.
Infantil 1-6 colegio hogar
Resultado onde poderiamos gañar pero fáltonos moita intensidade na primeira parte, os alevíns Enzo, Enrique e Santiago moi ben teñen un 10, tema de arbitraxe moi pésima onde o rival insulta atrasado imbécil aos nosos xogadores onde os rivais diante do árbitro pegaban patadas e comportamento irrespetuoso, menudo exemplo temos a Mario calado que nunca fala e por facerlle unha falta a un sácalle unha amarela díxolle o capi se lla merecía e expulsa ao noso xogador, o árbitro ao terminar o partido como nos di non vai pitar toda as faltas, onde nalgunha faise o xordo sobre insultos aos nosos xogadores, foi o peor partido no tema de faltas de respecto un xogador o número 4 do Hogar que diante do árbitro di ao noso 5 como veñas por aquí rómpoche a perna, eu flipo con estas cousas.
Oiense 3 – 3 Senior
Vilariño 1 – Balaidos Femenino 4
Grandísimo traballo de tódalas xogadoras, as once iniciais mais tódolos trocos.
Foi un partido no que manexamos os tempos do encontro, xogamos ao noso ritmo e explotando as debilidades das xogadoras rivais. Partido moi físico con moita presión, o que permitíu xerar erros na saida do equipo rival, co cal conseguemos tres dos catro goles marcados no día de hoxe.
Goleadoras: Martina, Barby, Megan e Luna
Prebenxamín 0-4 Colegio Hogar
Nos gañaron por moitos goles nos que eles son superiores. Nótase moito a idade na intensidade do partido. Ainda así os peques sempre o pasan xenial e cun sorriso.