Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil 3-1 Louro
A primeira parte con moitas ocasións a gol pero sen finalización, a segunda parte domináronnos o xogo o rival e métennos sobre o minuto 60, onde o partido revoluciónase, nunha xogada Dani leva de 3 e fanlle unha segada e cobra penalti, onde os dous adestradores do rival foron expulsados por protesta e o partido quéntase, Mario tiro moi ben o penalti.
Goles: Juan, Yan, Mario
MVP Yan
Os alevíns Enzo Henrique e Santiago grazas por vir, houbo bastantes baixas e ao final puideron vir.
Cadetes 0-1 Val Miñor “D”
Derrota inxusta dos cadetes que encerraron ao Val Miñor na súa metade do campo durante os primeros 40 minutos de partido, pero sen conseguir ocasións claras.
Na segunda parte, o rival adiántase nunha xogada aislada e os nosos comezan a ser máis verticais, pisando área media ducia de veces. Conseguimos empatar o partido pero o árbitro anúlanos o gol para pintarnos un penalti a favor, que parou o porteiro rival. No tempo de desconto hai un penalti claro que tamén decide non asubiar a pesar de que o defensor empurra pola espalda ao noso xogador cos dous brazos extendidos.
Bo partido dos nosos en xeral e do infantil Alan en particular, que como moitos dos seus compañeiros de categoría está de sobra preparado para dar o salto dende xa a seguinte categoría.
Tomiño “B” 2 – 2 Balaidos Femenino
A primeira parte empezámola cunha falta inexistente que finalizou cun gol de tiro libre das xogadoras do Tomiño. A partir de ahí o xogo do partido foi proposto polas xogadoras do Balaidos e, gracias ó bo xogo mostrado, chegaron os dos goles de Nerea, que volvía trala lesión.
A Segunda foi parecida a nivel de xogo. Tivemola posesión e as ocasións de gol. Pero a medida que pasaban os minutos, o equipo local aumentou a intensidade da presión e, noutro saque de falta, consegueron empatalo partido. O último tramo do partido foi un xogo “ao patadón” por parte dos dous equipos que non consegueron desempatar o marcador.
Goleadora: Nerea (2)
Senior masculino 5-1 C.D. Pontellas
Comezou gañando o senior os pocos minutos cun bo gol de Silva. No minuto 20 empata o Pontellas, levando os nosos a ter os peores minutos do encontro. A pesar de ese revés, as oportunidades e o dominio eran dos nosos. Os goles foron chegando ata rematar a primera parte 4-1. A segunda parte foi un trámite no que por momentos supimos xestionar e noutros nos deixamos contaxiar polo xogo sucio do contrario, xa descendido. 3 puntos que nos achegan un pasiño máis a permanencia pero que deixan un sabor agridoce pola pérdida de dous xogadores por amonestación tendo a próxima xornada un rival directo como é o Villar.
Femenino Sala Arnoia 7 – 2 Balaídos
Un partido que estaba bastante disputado ata que o árbitro de quenda liouna expulsándonos ata a tres xogadoras e así é imposible competir.
Xuvenil 1 – Cruceiro de Hío 2
Bo partido do equipo a nivel colectivo pero coma case sempre caiu do lado rival pola falta de acerto cara portería.
Comezaron gañando os nosos grazas a un gol de Juan pero dous minutos antes do descanso o rival encontraría o premio do empate.
O segundo gol dos rivais chegaria no saque de centro onde os rivais sorprendieron ao noso porteiro tirando dende o seu propio campo… de ahí ao final o equipo o seguiu intentando pero sen premio.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar