Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Inf Balaídos 1-0 Celta academy
Hoxe estamos máis contentos, sairon cousas despois de 20 tiros entra 1. Un partido moi intenso donde na primeira parte 0-0 con 5 ocasións.

Cadetes 3-2 Candeán “B”
Victoria dos nosos rapaces ante o líder que chegaba con pleno de victorias. Partido moi disputado no que adiantábanse os visitantes logo dun saque banda a favor noso. O dominio da pelota estivo disputado durante toda a primeira metade, tendo os nosos varias chegadas ao área sen poder concretar con tiros a porta. Na segunda parte, a nosa presión moi adiantada impedíu ao rival pisar o noso campo durante 20 minutos, nos cales conseguíamos un penalti e empatar o encontro. Logo de empate o porteiro do Candeán golpearía o balón ata a nosa linea defensiva, demasiado adiantada por exceso de confianza e conseguirían poñerse por diante de novo. Nos últimos dos minutos, os grandes esforzos defensivos tiveron o seu froito con dous goles, un a balón parado e outro nunha transición rápida e así remontar o partido e levar o premio dos tres puntos. Noraboa rapaces, a por máis!
Goles: Ambros (p), Iago e Hugo.

Femenino fútbol sala 1- 1 Cinco Coruña
Bo partido das nosas pero nos penalizou a falta de acerto cada a portería

Savaterra 0 – 3 Balaidos Femenino
Partido traballado do feminino. Os nervios e as presas converteron a primeira parte do partido nun batiburrillo de xogadas mal finazadas.
Tralo descanso o equipo conseguiu serenarse e mover o balon con mais criterio e, grazas ao traballo en conxunto, marcando os 3 goles que lle dan a victoria ao Balaidos.
Goleadoras: Luna, Megan e Marta

Alevíns 3-3 U.D.C.V Candean “C”
Con moita desorde nos primeiros 10 minutos, o Candeán consegue adiantarse no marcador. Co paso dos minutos e de mellorar a colocación e o xogo do equipo o partido equilibrase chegando o 2-1 cara o final. É a partir deses últimos minutos que o partido tradúcese en varias remontadas por parte dos dous equipos ata que no último minuto o Candeán consegue o empate final co 3-3.
Partido equilibrado cunha boa actitude por parte dos xogadores.