Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

C.D. Coya”A” 3-6 Alevín
Partido ben competido, con bo traballo na presión e no xogo colectivo e individual, remarcando este último pola mellora de todos dende o comezo da tempada.
Souberon xestionar tanto o comezo do partido indo por detrás do marcador como o final indo xa por diante sen perder o control.

Cadetes 1-0 Club Maristas el Pilar
Partido moi malo dos nosos cadetes, que tiveron un ritmo de xogo moi lento e unha toma de decisións errática durante os 80 minutos. Un gol nun rechace dun córner danos os 3 puntos que, polo total do partido, non merecimos.
Gol: Holiver

Benxamín 1-3 Coya B
Partido moi disputado onde Álvaro fallo bastante e nun erro de saída de balón regalamos un gol con posibilidade de ir ao empate, xogar con carrileiros é moi complicado cústanos repregar bastante no medio. A por o seguinte 💪

Infantil 8-0 Castrelos C
Partido moi dominante onde Alan de medio saco moita vantaxe ao equipo os alevíns Enzo e Samuel Montoto meteron goles e xogaron case todo o partido moi ben vanse adaptando a mellor, o Castrelos non chegaba nin a medio campo onde xogamos bastante co porteiro.

Unión Guardesa 2-0 Feminino.
Partido moi competitivo de principio a fin. Na primeira parte soubemos aguantar os seus ataques e intentamos propoñer o noso xogo, resultando moi igualado ata o tramo final, onde nos marcaron por un erro ao asumir que o árbitro pitaría unha acción e acabou en gol.
Na segunda metade soubemos ter mellor o balón, propuxemos un mellor xogo ata que, nun córner, encaixamos o segundo gol. Foi un partido intenso, técnico e físico. As nosas xogadoras competiron moito mellor en comparación co partido da ida.💪🏻🚀

Val Miñor C 2 – 2 Xuvenil
Bo punto para o Balaídos CF en Condominguez.
Na primeira parte o dominio foi total do val Miñor, tendo as ocasións máis claras, chegando o descanso cunha vantaxe de 2 – 0.
Despois de varios axustes na comprensión do partido, situamos ás liñas mais ofensivas e agresivas a hora de recuperar o balón, pouco a pouco o equipo foi atopando espacios para atacar propiciando varias faltas a favor. chegarían así ós dous goles só empate. O primeiro nun remate na área de Pedro e uns minutos máis tardes, outro remate dunha falta lateral, está vez a cargo de Zakarias, completaría a remontada.

Femenino sala 3-2 Bule Bule
Obxectivo da permanencia asegurado agora a ver se logramos chegar ao sétimo posto