Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Prebenjamín 2-0 Candean B
Primeiras 2 partes xogando con 7 xogadores onde as empatamos moi ben apertando con varias ocasións de gol.
Na 3º parte chego o noso oitavo xogador, onde o noso Máximo xa era mais libre de defender e mais de atacar e conseguimos o gol xogando con 3 pases e lévaa desde medio ata a portería rival.
Na 4º parte xa moito mellor colocados en posición, con Julliete pasándolla a Máximo e Máximo a Hugo, Hugo remata dálle ao pau na área do córner e remata de novo e mete gol.
Hoxe foi un gran partido destes peques, teñen que aprender Osseinu e Assan a non roubar o balón ao compañeiro 🙂 pero polo resto moi ben a por o seguinte.
Infantil 3-1 chapela B
Hoxe foi un bo partido tendo moitas ocasións, onde eles píllannos a mesma contra como en todo os partidos, o mellor do partido hoxe foron Yan con 2 goles, Alan, Henrique Alevin e Manuel Porteiro fíxose 2 paradones a man cambiada 💪💚
2 goles de Yan e 1 de Johan
Asistencias Samuel e juan areses.
Comesaña 3 – Xuvenil 3
Meritorio empate dos nosos xogando 50 minutos con un xogador menos.
Partido no que ambos equipos dispuxeron de moitas e moi boas ocasións. Conseguimos adiantarnos ata en dúas ocasións pero a inferioridade numérica, a calidade dos rivais e o seu empurre impediron que sumáramos os tres puntos.
Goles: 2 Pedro e 1 Luca
Racing de Castrelos F.C. “C”8-1 Alevíns
Afrontamos o partido con 7 xogadores que pelexaron durante todo o partido. Cun bo xogo e ben prantados, remataron a primeira parte con varias chegadas e cun bo traballo defensivo cun 3-0 en contra.
Na segunda parte xa mais cansos recibiron a maioría de goles. Conseguiron rematar cunha boa actitude e sen baixar os brazos en ningún momento.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar