Xornada do fin de semana do 25/04/2026

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Crónica Cadete 1 – 3 Villar
Derrota 1-3 nun partido igualado, onde a formulación era o correcto ata que chegou un gol rival, lesión de Dayro que nos fixo cambiar a formulación e empeorou a defensa por iso aínda que mellorou o ataque, non ter porteiro volveu ser crucial no partido, unha pena, pero imos coa cabeza arriba de que lle competimos a uns que veñen de gañar ao campión de terceira e de quedar empate contra os segundos, e que estiveron a un punto de ascender
Mvp: Holiver.
Deuno todo o equipo.

Xuvenil “A” 1 – 9 Salvaterra
Partido moi complicado, co rival xogándose a vida. Nós con soamente 5 xogadores con ficha A, agradecemos a axuda dúas 7 xogadores con ficha B que botaron hoxe unha man coa mellor dás actitudes. Tamén a Brais por poñer tódalas facilidades para contar cos seus xogadres todos vos partidos.
Gol: Pedro.

Infantil “A” 3 – 1 Indepediente “B”. Primeiros da fase 2 grupo 4

Tivemos moito xogo de equipo e moita cohesión pero non chegabamos cos tiros certeiros a porta, onde nun corner Yoel métenos o primeiro gol, pero o rival sorpréndenos co seu dianteiro no seu inicio da parte cun gol aéreo por encima do porteiro imparable, pero non baixamos o ritmo, nótase a intensidade de Camacho pero hoxe xogaron moi ben e o MVP lévallo Manu Garcia o mellor do partido estubo en todos lado cos seus pases e tiros.

agora quédanos o maristas onde hai que intentar gañalo, gañáranos 3-2 polos corners pero xa o temos moi dominado.
Ao final do partido o independente fainos corredor por quedar primeiros da fase 2 grupo 4 e os rapaces collen copa e foto co presi e Federación.
Grazas ao presi polo bo comportamento que fixo esta magnifica tempada, agora toca seguir e traballar.

Infantil “B” 0 – 16 Matamá “B “
Moi superiores custoulles moito lle toco unha liga de copa moi difícil.
pero non baixaron os brazos a por o seguinte.

Copa. Nieto “B” 2 – 9 Xuvenil “B”
Empezamos a Copa do mellor xeito posible
Primeira parte frouxa a pesar de gañala ao descanso 1-3
Empeza gañando o Neto B no minuto 5,remontado o resultado en contra en 10 minutos
Xerando perigo ao rival en todo momento,con xogadas combinadas e transicións en profundidade
Descanso 1-3
Segunda Parte
Mesmo sistema de xogo
Mais Intensidade
expúlsannos a un xogador no minuto 62,por unha provocación, indo no marcador 2-6, igualmente a pesar da expulsión
Xogamos coma se fósemos 11 e marcamos 3 goles máis e finaliza o partido 2-9
Orgulloso deste Equipo
Competindo de Principio a Fin
Este é o camiño para Seguir para chegar na Copa o máis lonxe posible
Imos a por o seguinte
Imos Verdes 💚
Goles
×4 Pablo
×2 Juanillo
× 1 Mauro
×1 Yoel
×1 Dani Peque
Resumo da tempada:
26 PARTIDOS
103 GOLES A favor

Sénior 1 – 1 C.Hogar
Partido moi serio dos mozos, no que con só 11 xogadores do primeiro equipo e 3 xuvenís conseguimos rabuñar un punto ao terceiro clasificado da categoría, na primeira parte fixemos un bo traballo defensivo pero estivemos demasiado espesos con balón, sen virar o xogo e coa sensación de que nolo quitabamos de encima e queimábanos tela no pé , perdiamos ao descanso 1-0 , saímos na segunda parte con outra cara e conseguimos empatar rápido, o rival fixo moitos cambios e foise con todo ao ataque xa que se están xogando o ascenso directo o que provocou que aínda que sufrimos por momentos , mesmo puidemos gañar o partido ao final con dous man a man en senllos contragolpes, o equipo leva 6 xornadas sen perder e ofrece unha imaxe competitiva, quedan 3 finais , seguimos 💪
Grazas aos xuvenís Sam Darwin e Ibra porque foron claves hoxe !