Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Caldelas 7 – 1 Xuvenil.
Pésimo partido en todos os aspectos.Moitas baixas e mal plantexamento por parte do corpo técnico. Erros constantes na toma de decisións, faltas de concentración e pouco ánimo de loita. Resultado abultado pero xusto.
Vila de Corpus-B 8 – 2 Alevíns
Noso equipo contaba con 8 xogadores ata o minuto 5 que lesiona un dos nosos. Pese a que eles quitaron un neno para igualar o xogo, marchamos a primeira parte cun 3-0 a favor do local.
Na segunda metade melloramos en posicionamento e chegamos o 3-2, pero o cansancio, a chuvia e o frío fixo que o equipo rival dominase os últimos minutos.
Peñasco 1 – 1 Balaidos Feminino 3ª División
Un moi bo partido traballado e disputado polas nosas xogadoras ata o último minuto.
Resultado xusto se se ten en conta que na primeira parte dominaron as nosas xogadoras, mentres que a segunda foi o Peñasco o que acabou xerando case todas as ocasións de gol.
Destacar o gran traballo defensivo realizado polo equipo para conseguir este punto.
Goleadora: Nerea Martínez
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar