Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Santiaguiño de Guizán C.D. “B” 0 – 15 Benxamín “A”
Victoria moi merecida e cun resultado que nos dá opcións de loitar polos postos de arriba, ademais de moitísima confianza para o último partido da primeira fase do campionato.
Tras dúas derrotas consecutivas, volvemos á senda da vitoria e de maneira moi merecida, xa non só por este partido, senón tamén polo traballo feito nos dous anteriores, onde lle plantamos cara e batalla real ao Celta Academy na primeira parte, e contra o Coruxo onde o infortunio custounos a derrota.
Hoxe sabendo a importancia deste partido, o equipo saíu concentradísimo. E plasmouse nos 10 primeiros minutos, onde nos puxemos 0 – 4 con dous goles de Izan e outros dous goles de Álvaro. Goles variados, de xogadas de equipo e remates desde fóra da área.
Tras eses 10 primeiros minutos, o equipo creo que se confiou e o Guizán, que a pesar do resultado, é un equipo loitador, tomou as rendas do partido durante uns 5 minutos, nas que tiveron 2 oportunidades. Unha delas anulouna a defensa de Álvaro e Nico Verde cun repregamento moi rápido, e a outra, Carel (porteiro) cunha magnífica saída, perfectamente medida e moi bo ‘timing’.
Tras esas dúas ocasións, volvemos facer o noso xogo ofensivo, obtendo o premio como gol. O terceiro de Izan. E aí terminaba a primeira parte, cun resultado bo (0 – 5), pero insuficiente para poder pelexar polos postos de arriba.
No descanso fíxoselle entender aos xogadores que estaban a facer un gran traballo, pero tanto o partido como a competición aínda non terminaran. E vaia se o entenderon.
A segunda parte foi un monólogo. E o Guizán tentouno. Pero os ánimos da afección e os goles de Izan (+1), Carel (+2), Álvaro (+3), Nicolás (+1), Maxi (+2) e un autogol, provocado por un centro de Izan e unha irrupción de Nicolás, fixeron que dominásemos o partido e o marcador co definitivo 0 – 15.
Tivemos máis ocasións, como dous paus de Nico Verde, un remate de primeiras de Álvaro desde fóra da área que se marchou alto, ou un roubo de Lucía na defensa do Guizán que detivo o porteiro.
Aos 10 minutos da segunda parte, decidimos darlle uns minutos a Carel como xogador de campo e probar a Breo na portería. E o resultado foi satisfactorio, dándonos máis versatilidade á hora de elixir xogadores e posicións.
Tamén decidimos que hoxe debiamos arriscar un pouco máis na ofensiva, facendo que Álvaro ou Nico Verde unísense ao ataque, turnándose, pero sen descoidar as costas, onde Nicolás fixo un gran papel, quedándose máis replegado nesas irrupcións dos nosos defensores.
En xeral, un partido de 10.
O seguinte partido é clave e difícil, pero se estamos enchufados, creo que temos opcións reais de puntuar.
MVP: Álvaro, cos seus 5 goles e cunha defensa que parecía Maldini…
Pero realmente, un partido máis, todos e cada un dos mozos e mozas foron MVP. Así como a afección, que nunca deixan de alentar e animar.
Tamén quería mencionar que, tanto Juli, como Lea, como Martina, tamén fixeron un gran traballo, sobre todo en defensa e presión.
Castrelos 1 – 1 Cadete
Empate contra o segundo equipo da liga, nun partido onde controlamos o medio do campo e estivemos moi sólidos atrás. O seu gol chegou nun penalti que sinceramente non vi, así que non podo opinar sobre a acción, pero máis aló diso non concedemos case nada en xogada.
Arriba faltounos acerto: 11 ocasións claras e só un gol. Son días nos que a pelota non quere entrar, aínda que xeremos moitísimo.
Somos cadetes, e inclúome. Se noutros partidos non pasasen certas cousas, seguramente gañariamos a liga sen demasiadas complicacións. Pero así é o fútbol: non basta con adestrar, hai que competir, aprender e seguir crecendo.
Hoxe voume coa certeza de que teño o mellor equipo. E mentres quede unha mínima posibilidade, iremos a por ela sen rendernos.
O mellor do partido foi Nico Peleteiro, espectacular desde o lateral: dominou en ataque, en defensa e en presenza.
Areas 4 – 0 Alevín “B”
Bo partido do Alevín B. Na primeira parte, os primeiros 15 minutos dominaron o xogo con claridade. Despois, o equipo rival empezou a probar de lonxe e logrou marcar. Na segunda parte, aínda que o ritmo foi un pouco máis frouxo, o equipo continuou tocando o balón. Máis adiante complicouse un pouco, pero os xogadores non se renderon e seguiron loitando ata o final.
Mvp: Patrick
Infantil “B” 1 – 14 chapela “B”
A primeira parte regalamos nós os 5 primeiros goles máis un penalti no minuto 3, na segunda parte dominamos o xogo 23 minutos, marcando o noso primeiro gol, pero seguimos fallando en posicións e deixalos pasar como da nada, fáltalles ter máis ganas de xogar por que así…. E non aí mal equipo pero son eles mesmos que non queren meter pé nin corpo, déixanos pasar da nada e normal que metan goles.
Victoria Alevín “A” vs Moledo “C”
A primeira parte comezamos moi desordeados e non fumos capaces nin de defender correctamente nin de chegar practicamente ou seu campo, marchando ou descanso con varios goles de diferenza.
Na segunda parte xogamos mais en equipo e aproveitando ou desorde do rival, remontouse ou partido.
Boa actitude dous rapaces que seguiron para adiante ata ou final e conseguiron liquidar vos erros dá primeira parte.
Xuvenil “B” 4 – 4 Cabral
Partido intenso ata o final
Empezamos gañando na primeira parte,no minuto 21, no minuto 27 e 30 marcan os goles o Cabral e ímonos ao descanso 1-2
Ao comezo da segunda parte marca no 47 o Cabral e ponse por diante máis avultado no resultado,pero o equipo non se rendeu en ningún momento,nos minutos 74 e 79 marcamos gol e empatamos o resultado,xogando en equipo e con presión para buscar o fallo do rival,no 84 expulsan ao meu porteiro e a un xogador do Cabral e quedámonos con 10 co resultado en xogo,no 86 expúlsannos outro xogador e complícallenos o partido e tendo que facer o equipo un esforzo extra,un minuto despois,logramos marcar gol con 9 xogadores en campo,e co rival cun máis,tentamos manter o resultado pero na 90 marca o Cabral e acaban con 9 tamén,o partido finaliza e rascamos un empate na que o equipo buscou sen descanso un bo resultado e non puido chegar a vitoria,imos a por o seguinte a ver se temos máis sorte xa que o equipo esfórzase adestrando .
Infantil “A” 1 – 2 Castrelos “B”
Boas tardes imos cunha boa impresión da segunda parte, sempre nos pasa os mesmo os corners e teñen que ter máis picardía, grazas aos 13 que viñeron, un partidazo de todos, hoxe non era para perder, pero algunhas veces pérdese e non pasa nada, imos a por o próximo.
Moi bo partido de Montoto, Nahuel leo, sobre todo Miguel.
Mvp Gabri Saul e Enzo.
Se non chega a fallar Enzo esas 3 que eran claves tiñamos o partido sentenciado, estou orgulloso do noso equipo.
Grazas a Nuno Alevín que achego moito e dúas ocasións en gol.
Salceda 6 – 0 Feminino F.7.
Partido moi duro para ou equipo de sete. Co equipo xusto de xente e coa dificultade a maiores de poder axustar a formación, conseguimos pouco a pouco practicar sacar ou balón dende atrás e fortalecer ferramentas defensivas.
Cabral 0 – 10 Feminino F.11
Partido contra un rival en construción. Ou equipo saiu a facer circular ou balón e a practicar ou preparado nos adestramentos.
Goleadoras: Ana(4), Meli(2), María (2), Barby (1), Carol (1)
Feminino salga Balaidos 2 – 8 Arnoia
Un resultado moi avultado para como foi o partido, a primeira parte competímola ben nos fomos ao descanso 1 – 2 despois de fallar dúas ocasións clarísimas un dous contra a porteira e outra clarísima que a botamos fóra tamén e se fallas esa ocasións contra o equipo que probablemente leve a liga, faise máis difícil, a segunda entre as baixas e que nos metemos dúas en propia izóullenos moi costa arriba, o seguinte será mellor 😉
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar