Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Aficionados Balaidos C F.- Mondariz, 1-0

Infantil 1-7 Vilariño B
Resultado non moi merecido, eles xogaban cunha presión moi adiantada, onde se tento varias veces chegar a portería rival para facer goles e non deron acabado en case nada, imos seguir loitando e animando a péquelos, individualmente Xian e Leo melloraron moitísimo e nótase, Braislleva o MVP está vez como porteiro e xogador, Moito animo a Alan e Alejandro que non puideron vir ao partido, que se recuperen pronto!! Grazas a todos por vir.

Cadetes 3-4 Chapela “C”
Derrota dos cadetes, quedando así case sen opcións de playoff. O equipo mostrou solidez defensiva ata un penalti totalmente evitable que abriu o marcador. O segundo gol rival chegou por falta de concentración nada mais encaixar o primeiro, pero o Balaídos reaccionou dominando o xogo, empatando e rozando a remontada antes de quedar cun menos no minuto 35.
Na segunda metade, o equipo resistiu con orde, evitando tiros rivais nos primeiros 20 minutos e xerando ocasións claras. Dous erros graves en saída de balón permitiron dous goles do Chapela. Nos últimos 10 minutos, o Balaídos asediou a área rival, logrando un gol de penalti e unha decena de remates en área rival, pero sen premio final. Noraboa rapaces polo voso esforzo!
Goles: Hugo 2, Ambros.

Peñasco 4 – Femenino 1
Partido que se resume co Balaídos tendo a posesión do balón e o Peñasco xogando a contra. Se o Balaídos foi quen de marcar ata en quince ocasións, só marcou unha delas e, se o Peñasco tivo cinco ocasións para chegar a nosa portería, marcou catro.
Goleadora: Barby

Sala femenino Superti Riveira FS. 0-0 Balaídos,
Difícil en sala pero foi un partido no que as porteiras estiveron a un gran nivel. Noraboa!!