Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Cadetes 2-6 Victoria
Contundente derrota dos cadetes esta mañá no Federativo de Coia. Aínda encaixando un gol aos 8 minutos por un fallo en saída balón, os primeiros 15 foron dos mellores da tempada dos nosos rapaces, nos que tamén conseguiron un gol. A partir dese gol, a presión, os nervos e a precipitación tomaron o control dos xogadores do Balaídos e non foron quen de volver a meterse no partido. Felicitar ao Victoria que foi un moi xusto vencedor do encontro grazas a un fútbol físico e vertixinoso ao que non soubemos facer fronte. Queda moita liga e faremos todo o posible para ter a nosa revancha, ánimo rapaces!
Goles: Hugo e Mateo.

Infantil A 3-1 CoiaB
Hoxe foi un gran traballo todo traballado grazas ao cedete e feminino do balaidos, saíu todo o planeado e os goles chegaron e estiveron moi pechados en liña o gol que nos meten é un penalti por unha mala xogada do noso central Alan, pero despois non perdoo ningunha, os alevíns Samu, Enzo e henrique fixéronse un partidazo tiveron ocasións de gol en moitas xogadas.
Estou moi contento con estes infantís💚 123 Balaídos, Goles 2 de jhogan e gol de Juan asistencias de Samu Recio

Femenino sala 9 – 2 S.D. A Gaiola Santiago
Partido igualado na primeira metade 2 – 1. Na segunda fomos máis efectivas que noutras ocasións e entón viuse reflexado no marcador.

Gran Peña 0 – Xuvenil 8
Partido fronte a un rival directo pola permanencia que quedou visto para sentencia antes do minuto 20.
O equipo saiu con moitas gañas e marcou tres goles rápidamente, a partir de ahí deixouse levar e tirou o resto da primeira metade…
Na segunda parte axustamos as cousas que non estaban a funcionar e foi un monopolio con 5 goles máis e tres longueiros.
Vámonos ao parón navideño 6 puntos por encima do descenso.
Goles: Iván, Pedro, Lamin, Luca, Sebas, Sergi, Tomi e en P.P.

U.D. Atios “A” 5-1 Alevíns
Bo partido de forma xeneralizada cunha moi boa colocación no campo. Ademáis animáronse entre eles nos erros que puideron ter.
Finalizamos esta primeira fase vendo pouco a pouco resultados no campo e cunha mellora tanto no colectivo como no individual, sobre todo nos nenos que acaban de comezar.

Escola Deportiva Mos 2 – 0 Balaidos Femenino
Partido con mala sorte para o Balaidos. Unha primeira parte na que comezamos dominando o partido pero, por un error de comunicación das nosas xogadoras, permitiron ao equipo visitante adiantarse nos primeiros minutos do partido e, dende aí, non fomos capaces de presentar maior oposición.
Na segunda metade, o equipo saiu con novos folgos e volvemos a superar o xogo das rivais. O que acabou coa expulsión de unha das nosas xogadoras.