Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Cadetes 7 – 0 A Guía B
O Balaídos CF conseguiu unha clara vitoria por 7-0 fronte á Guía, nun partido onde o marcador non reflicte realmente o xogo mostrado.
Na primeira parte, o equipo estivo lonxe do nivel esperado. Apenas atopamos triangulacións nin circulación fluída: en 80 minutos só houbo unha combinación entre centrais, un dato moi preocupante. Faltounos calma para tocar máis e darlle sentido ao balón. O que nos sostivo foi a calidade dos nosos dianteiros, que definiron moi ben as ocasións creadas.
Na segunda metade, o xogo mellorou en parte, pero aínda así seguimos fallando en moitos aspectos. Caemos nun fútbol demasiado directo, abusando do balón longo; por momentos parecía que xogabamos como un equipo que só busca segundas xogadas, e iso non é o que queremos.
A pesar de todo, a contundencia arriba marcou a diferenza. O MVP do partido foi Martín, con 3 goles e unha asistencia, demostrando o seu gran momento.

Infantil A 0-19 Valmiñor D
Sabiamos o que nos esperabamos pero fomos todo o día con actitude creando 3 xogadas moi boas pero con moi pouca claridade a gol.
o Valmiñor non relaxaba nin 1 e seguían para adiante xogan moi ben , tiñan 3 que mollo no celta o ano pasado e nótase a diferenza de idade, maioritariamente todos de segunda idade.
O infantil A tubo moita posesión e moi boa colocación pero moi despistados na 1º parte onde na segunda só encaixamos 4 goles.
MVP: CAMACHO Como medio campista e central.

Infantil B 0-7 Matamá B
chegue na segunda parte onde só ían 3-0 moi boa posesión Iñigo e Nuno moi ben como axudantes como alevíns,
a saída de balón témola moi dominada grazas á nosa nova fichaxe Yoel, sáconos moitas dentro da área e duelos de 1 vs 1 como central,
no medio campo Miniño aínda fáltalle bastante progreso pero nin tan mal, chegamos varias veces a unhas grandes xogadas de Fernando regateando de marabilla pero os tiros son moi suaves.
toca seguir traballando aí moi bo equipo en ambos os infantís, e a liga de só ida a primeira é moi complicada.
O máis importante que ambos os equipos non baixaron os brazos seguiron con moita actitude 💪

Xuevenil A 2- 3 Comesaña
Un partido que a primeira parte non tiñamos xogo algún, todo momento perdiamos o balón e custábanos ter a posesión, metéronnos 2 goles moi pronto.
Xa no segundo tempo, entendemos como cubrir os seus desmarques e realizar a súa presión e xeramos o 2-2, logo nunha xogada por fóra metéronnos 3, en xeral non foi un bo partido polos nosos xuvenís, pero imos avanzando e agora a seguir mellorando e tentar sumar a seguinte semana 💪🏻

Feminino salga 5 Coruña 4 – 1 Balaidos C.F.
Partido que empezamos regalando , levamos o peso do partido pero os erros condenáronnos puxémonos 2-1 pero logo un dobre penalti e un balón perdido cando xogabamos de 5 deu ao traste coa posible remontada.