Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Independiente 2-6 Cadete
Partido con pouca historia. A primeira parte dos nosos foi boa, adaptándose a un novo sistema e con varios xogadores en novas posicións, cos erros e dúbidas que isto supón. Chegamos ao descanso cun marcador de 1-5. A segunda parte foi moi mala, pasividade e conformismo que levou ao equipo a non conseguir xuntar tres pases consecutivos e ceder por completo o control do partido. Bos minutos cun novo sistema e tres puntos máis son as boas novas que nos levamos do fin de semana.
Goles: Yoel 4, Nico e Antón.

Senior masculino Nieto 1 – 7 balaidos
Superioridade clara dos rapaces , que seguen coa xeira de vitorias neste final de tempada , faltan 3 finais para rematar a liga e o equipo segue no segundo posto da táboa, convidamos a todos a vir ó partido deste fin de semana , no que , de gañar e se acompañan os resultados dos rivais, poderíase conseguir o ascenso directo a falta de dúas xornadas .

Femenino 0 – 5 Valladares
Partido extraño. Unha primeira parte na que o equipo non soubo competir co rival e na que logrou defenderse de maneira contundente.
Na segunda parte, deuse a volta á situación: ofensivamente, o equipo demostrou varios méritos para marcar algún gol pero que, defensivamente, amosou as súas costuras.
Destacar o compañerismo das xogadoras, que quixeron dedicarlle o partido ás xogadoras lesionadas do equipo: Nerea e Ruth

 

 

 

 

 

Pereiró 7 – 2 Alevín
Partido difícil para o Balaídos que por dúas veces empatou os goles rivais, e tivo outros duas ocasións claras para recortar a diferencia no marcador que non puido materializar.
Goles: Enzo(2)

Tomiño 6 – 1 Xuvenís
Novamente un Balaídos sen espíritu regala os puntos.
Nos primeiros minutos xa collía ventaxa os locais cun gol olímpico, seguido doutro centro que remata dentro da portería sen que nadie o toque. Seguiron os regalos dos visitantes ata acabar a primeira metade cun 4 -0.
Na segunda metade e ca entrada dos cambios aumenta un pouco a capacidade de loita do equipo, pero sen acerto con balón. Recortaría distancias Rapha rematando un centro desde banda dereita.