Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil “B” 1 – 8 Valladares “B”
Pelexando moi ben a primeira parte indo 1-2 no descanso onde Rubén mete o seu primeiro gol da tempada.
Segunda parte baixaron a intensidade bastante e por 2-3 fallos métennos os goles, das mellores arbitraxes que nos tocaron moi amable con todos e máis cos nenos.
Partidazo de Iñigo
Partidazo de Khay
Grazas por deixalos vir axúdannos moito.
SD Ponteareas “C” 6 – 4 Xuvenil “B”
Derrota ante un rival que sabiamos que nos ía a poñer as cousas difíciles, competemos, disputado o partido de principio a fin, tendo só 11 xogadores sen cambios facendo o esforzo de aguantar todo o partido
Contamos coa axuda de dous cadetes e bo
Primeira Parte 3-2
Segunda parte 3-2
Resultado final visto que foi igualado, quédanos unha final a semana que vén
Para decidir o grupo e imos a por todas
Seguimos Loitando Verdes
Foi un partido moi igualado e disputado tendo só 11
3-2 na primeira parte
3-2 na segunda parte
Goles
×3 Pablo
×1 Mauro
San Salvador 2 – 6 Sénior
O equipo segue en boa dinámica e mostrando clara melloría , xa son 8 partidos sen perder e boas sensacións, hoxe xogabamos contra un rival que se non gañaba estaba descendido matematicamente e conseguimos poñernos 0-2 rápido nos primeiros 20 minutos , o cal lles fixo dano a nivel emocional e o partido a partir de aí púxose moi de cara , contento por como os mozos déronlle seriedade e intensidade ata o final sen deixarse ir , quedan 2 partidos isto non acabou! Hai que intentar adiantar algún equipo para evitar algún posible arrastre
Prebenxamín 1 – 3 Apóstol
Pese ao mal resultado, bo partido dos rapaces. Os goles en contra chegaron por erros en defensa, pero en xeral, moita mellor actitude e posicionamiento que nos últimos partidos. Mención especial a Dani, que marcou tres goles.
Rápido Pereiró 0 – 0 Femenino F.7
Outro punto para un equipo que merece mais. Partido dominado polas nosas xogadoras que non foron quen de adiantarse no marcador a pesar de xerar mais de vinte ocasións. A nivel defensivo tampoco permitimos que tirasen a portería ningunha vez.
Nótase a progresión do xogo das rapazas na saida de balón dende a nosa portería na que non tivemos que sacar en largo en todo o partido.
Moi contento coa evolución do equipo, quedan seis partidos para ver ate onde poden chegar.
Mondariz 1 – 2 Femenino F.11
Partido remontado grazas ao esforzo de todas as xogadoras.
A primeira parte empezou mal, cun gol do equipo rival nos primeiros minutos do xogo, tralo cal non volveron a tirar a portería. Polo noso lado tiñamos a posesión do balón mais non conseguíamos xerar perigo con el.
A segunda parte foi bastante mellor en tódolos aspectos, comportáronse coma un verdadeiro equipo e conseguiron a remontada no último minuto.
É necesario destacar a presencia de ata sete xogadoras do equipo de F.7. que realizaron un moi bo partido tanto individual coma no colectivo.
Goleadoras: Ari e Ruth G.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar