Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

Alevin 1-4 Peñasco C
A primeira parte durante os 12 minutos moi ben colocados posesión nosa con 8 ocasións a gol, onde eles en contras na defensa descolgámonos no minuto 20 métennos o primeiro gol, logo no minuto 24 metéronnos o segundo e acabou así a primeira parte,
Segunda parte onde iniciamos cun bo xogo dominio de balón durante os outros 12 minutos onde as contras xa as paramos suficientes e pitáronnos unha falta e métenlle a Santiago un tiro moi ben colocado ao seu pau, 1-3 onde nós tivemos varias ao segundo pau e falláronse en fronte de portería, 3 córneres onde tamén fallamos bastante, logo métennos nunha contra onde o dianteiro deles recibe dentro da área dun pase de medio onde sería fóra de xogo e non o pitou onde Santiago sae moi ben pero meteulle o 1-4, eramos moi superiores pero eles pelexaron moi ben
Infantil 0-6 Colegio Hogar B
A primeira parte moi ben ordenados onde os goles que non meten foron encaixados por porteiro baixo, pero Brais saco moitas baixo paus e dobres paradas dentro da área, tivemos moitas ocasións de gol pero non claras, na segunda parte baixamos o ritmo onde ao porteiro alto crávannola todas seguidas, o rival segue sendo tóxico onde levan amarelas os adestradores e un compañeiro rival, quedo co mais importante ninguén baixa os brazos seguen sendo peleóns!!
Cristo Victoria 3-0 Cadetes
Derrota dos cadetes na Bouza, nun partido que resumíu o que foi a tempada. Actitude exemplar, moi boa execución da idea de xogo, pero a pouca efectividade e os erros en campo propio custan o partido. Grandes compases iniciais con 4 ocasións moi claras pero o Victoria demostrou por que son equipo de fase de ascenso castigando con 3 goles os tres erros dos nosos. Non olvidar que o noso porteiro Gael parou un penalti na primera metade.
Grazas aos rapaces, pais e nais por esta gran tempada de parte do corpo técnico Manu e Gonzalo. Desfrutaremos e competiremos os dous partidos de Copa para evitar que a tempada remate cedo. A por todas rapaces!
Cadetes 2-0 Nieves CF
Partido xogado o xoves no Federativo de Coia, foi o primeiro da fase de grupos da Copa Federación. Dominio absoluto do partido polo que a derrota por só dous goles soubo a pouco, xa que a diferencia de goles pode ser crucial para un posible pase a seguinte ronda. Gran actitude e xogo do equipo que deixará todo por conseguir chegar aos cuartos de final.
Goles: Hugo e Denis.
San Miguel CF 4-8 Prebenxamíns
Noraboa !!
Xuvenís 2 – Gran Peña 1
Comezou ben o partido para os nosos que se adiantarian no minuto dous por medio de Iván. Nos primeros compases daba a impresión de que o equipo poderia domiñar o encontro pero o equipo comezou a precipitarse e a rifar balons sen sentido.
Na segunda parte trala choiva máis imprecisións todavía pero conseguemos ampliar a vantaxe por medio de Sagi. Os rivais acortaron distancias nos instantes finais pero non houbo tempo para máis.
Esta victoria deixa prácticamente sentenciada a permanencia do equipo un ano máis na primeira categoría de xuvenís.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar