Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Xuvenís 0 – 5 Pereiró
Resultado abultado nun mal partido do Balaídos.
Comezaba a primeira parte con alternativas en ataque para ambos equipos, pero serían os visitantes os primeiros en adiantarse no marcador. Reacción do equipo local que conta con duas ocasión seguidas diante do porteiro que non atopan portería. Na segunda metade baixón físico do Balaídos que só puido perseguir o balón polo campo.
Ponte Caldelas 4- 1 Balaidos Femenino
Última xornada de Liga. Partido moi pelexado do feminino no que o resultado non reflicte a disputa real do partido.
O Balaídos comenza cun gol os poucos minutos cunha xogada combinativa que remata cun balón o espacio aproveitado por Barby. As locais conseguen empatar cun claro penalti e un tempo despois adiántanse nunha falta a favor das nosas, que tendo o equipo adiantado conseguen roubar e aproveitar para crear unha contra que finaliza en gol.
Na segunda parte estando o partido mais divido e podendo marcar calquera dos dous equipos, o Ponte Caldelas marca o terceiro e para finalizar o encontro chega un cuarto dun tiro directo o borde do área.
Alevín 7 – 2 Pereiró
Partidazo do Balaídos que dominou por completo o equipo visitante. Sairon os locais con gañas de ter o balón, marcando un bó ritmo de xogo que puxo en constantes problemas o Pereiró. Concentrados en defensa e intensos en ataque conseguiron levar ós tres puntos.
Cadetes 8-2 Casablanca B
Bo partido dos rapaces, que cumpliron coas expectativas previas ao partido. Encontraron dificultades nos primeiros minutos para encontrar a maneira de superar ao Casablanca, pero co paso dos minutos lograron estar cómodos e dominar ao equipo rival. Na segunda parte, os cambios deron enerxía e unha marcha máis para ampliar a vantaxe.
Goles: Ambros, Patiño, Pedro, Yoel, Santi, Delfín, Hugo 2.