Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Castrelos B 11-2 infantil
Boas tardes partido desastroso onde nos falta actitude dentro do campo tanto primeira e segunda parte nótase as baixas de central Alan e breixo, moi ben Enzo por vir botar unha man como porteiro e xogador ten un 10 💪
O próximo partido tócanos contra os líderes haber se poñemos máis ganas.
Val Miñor “D” 1-3 Cadetes
Partidazo completísimo dos nosos cadetes en Condomínguez. 80 minutos de superioridade no xogo ante un moi bo rival que púxose por diante na primeira parte logo dun illado disparo lonxano do seu lateral dereito. Na segunda parte o Balaídos demostrou que querían ganar o partido e así foi, quedando curta a vantaxe final. Moi boa saída e progreso con balón, e excelentes mentalidade e accións defensivas para impedir que, salvo por calidade individual de dous dos dianteiros rivais e golpeos longos, o Val Miñor pasase con facilidade do seu propio campo. Noraboa rapaces polo traballo diario que permiten partidos como este! A por máis!
Goles: Pedro, Iago e Mieses.
Porriño industrial F.C. “D” 3- 4 alevíns
Pouco a pouco vanse cumplindo os obxetivos marcados nos partidos resultado do traballo dos adestramentos. Vese moita menos individualidade e máis xogo en equipo, cunha boa actitude dos rapaces.
Cented Academy 1 – Balaidos Femenino 2
Grandísimo esforzo do feminino. Partido no que o equipo local púxose por diante na primeira parte tras unha das poucas xogadas de ataque que puideron xerar.
Tralo descanso o equipo seguiu atacando e, a base de insistir, conseguimolo empate no minuto 89 e o gol da victoria no 93.
Goleadoras: Juncal e Wis
Cruceiro de Hío 2 – Xuvenís 1
Inxusta derrota dos xuvenís fronte a un dos equipos da parte alta da táboa clasificatoria.
Tras un boa primeira parte na que chegamos a ter ata 6 ocasións claras de gol vimos coma o rival íase os vestiarios con ventaxa no marcador.
Na segunda parte os rivais ampliarían distancia tras un grave erro individual en defensa, pero os rapaces continuaron a pelexar pero non puidemos mais que acortar distancias por medio dun penalti que transformaría Pedro.
O equipo mostra claros síntomas de mellora que terá que refrendar a semana que ven fronte a un rival directo como será o Nieto.
FS femenino 2-3 Arnoia
Nun gran partido que se decidiu no último minuto con xogo de cinco #ante un dos mellores equipos da competición.