Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Alevíns 2-3 Gran Peña “B”
Comezamos o partido gañando con dous goles a favor ate o final da primeira parte cando os visitantes conseguen un tanto. Na segunda parte debido o enorme esforzo feito e a ausencia de cambios recibimos dous goles en contra antes de rematar o partido.
O verdadeiramente importante foi o traballo, o esforzo e as ganas coas que o equipo afrontou o partido, ademais de lograr ver no campo o traballo feito nos adestramentos.
Xuvenil 2 – 2 Sp Guardés
Bo encontro e reparto de puntos no Federativo.
Saíu máis intenso o Balaídos e tivo quizáis un pouco máis de incidencia no xogo que o seu rival. No mellor momento en ataque dos locais, un centro desde banda esquerda remata en gol de Dani Gregorio que se anticipa de cabeza a defensa rival.
Na segunda parte serían os visitantes os que terían as mellores ocasións, conseguindo marcar ata en dúas ocasións. Soubo repoñerse o equipo local que dispuxo de varias oportunidades de empatar, antes de que Álvaro Blanco remátase co pé esquerdo un despexe rival na frontal da área.
Racing Vilariño 3 – 1 Balaidos Femenino
Mal inicio de partido: as nosas xogadoras sairon durmidas, encaixando dous goles en saque de esquina nos primeiros vinte minutos. Para máis inri, lesionándose unha delas, tendo que utilizar o único troco que levábamos na banca.
Trala reanudación, o equipo saiu con máis folgos, levando todo o peso do partido, buscando as espaldas das defensas contrarias ata conseguir marcar o noso gol. Dende ahí foi un monólogo das nosas xogadoras, loitando ata o último minuto. Esforzo non recompensado polo gol en contra, outra vez de corner, no minuto noventa e dous, finalizandose así o partido.
Destacar o esforzo de Nerea e Rocio que xogaron todo o partido con molestias.
Goleadora: Martina
Sénior Balaídos 7 – 0 Sampaio
Partido tranquilo , o rival optou por saír repregado en campo propio , e o equipo soubo circular ben e con velocidade para atopar os espazos , a partir do 2-0 o partido non tivo máis historia.
Cadete 2-3 Colegio Hogar B
Repítese a historia das dúas semanas anteriores. Boa primera parte dos rapaces, na que o xogo no foi todo o fluido que debería, pero aínda así conseguíu ter as ocasións máis claras do encontro. Perdoando ocasións, íamos ao descanso gañando 2-0. O inicio da segunda parte foi horrible, saíndo sen ningunha tensión nin concentración, e o rival empataría o partido nos dous primeros minutos. Logo disto, a pesar de que o equipo intentouno, nunca puido ser vertical e atacar a espalda da última liña rival. No último minuto de partido, o rival conseguiría un gol máis para levarse o partido. Pasiño atrás nas aspiracións dos nosos cadetes, pero que servirá para coller impulso e avanzar máis fortes. Grazas aos infantís Nico e Adri por vir a botar unha man coa mellor das actitudes.
Goles: Pedro e Hugo F.
Infantil 3-2 Colegio Hogar B
Bos primeiros 20 minutos controlando o xogo ata que nunha acción illada encaixamos o primeiro. Como sempre que nos poñemos por detrás no marcador, o resto da primeira parte foi un auténtico desastre. Balóns longos sen ningún sentido, esquecémonos de defender e puxémonos nerviosos querendo meter o segundo antes que o primeiro. Na segunda parte volvemos ter a tranquilidade dos primeiros minutos e remontamos nos últimos 15 minutos.
Goles: Miguel x2 y Denis
Senior FS femenino,Carballiño 0- 0 Balaidos
Mal partido que dominamos pero moitos erros de finalización e toma de decisións, un punto que non serve de moito a seguir traballando
Benxamín 0-8 Louro
O resultado non reflicte como xogaron, fallar ocasións claras e dous xogadores boísimos do outro equipo son a causa do resultado