Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Candeán B 4-2 Cadete
Partido moi serio e sólido do equipo cadete. Os nosos practicaron un bo xogo asociativo e mostraron solidez sen balón a pesar de, unha semana máis, contar con 10 baixas na plantilla. Empezaríamos por diante nos primeros minutos do partido, pero o rival conseguiría remontar o partido tras unha pérdida en campo propio na primeira parte e un gol de falta directa na segunda. No minuto 67 chegou o noso empate, e na celebración dese gol lesionaríase un xogador. Na xogada seguinte, tras un balonazo desafortunado, nos quedaríamos con 10 xogadores no campo, non pudindo competir en igualdade de condicións e encaixando dous goles nos últimos cinco minutos. Mellora significativa na actitude para afrontar os obstáculos dos partidos, pero que por dúas lesións desafortunadas a falta de dez minutos, non servíu para levarnos algún premio en forma de puntos. Noraboa aos rapaces polo esforzo e sacrificio nesta calurosa mañá. Éste é o camiño.
Goles: Patiño e Juan.
Goian 2 – Alevín 3
Partido moi disputado entre dous equipos parellos.
Comezaba mellor o Balaídos, que se adianta con gol de Adrián despois dunha boa combinación dos rapaces. Minutos máis tarde volverían marcar os visitantes, nesta ocasión a remate de Gonzalo.
Na segunda metade notouse o cansancio nos visitantes que condeceron gol, nun erro de colocación defensiva. Reaccionou rápido o Balaídos para poñer o terceiro no marcador, Gonzalo novamente, cun bo remate dende lexos.
Acabou o Balaídos defendendo o resultado por acumulación pero levando os puntos.
Gondomar B 1 – 1 Xuvenil
Partido complicado é reparto de puntos en Gondomar.
Mal partido do Balaídos que non soubo disputar un partido de loita e coraxe, por enriba das tácticas. En ningún momento se sentíu cómodo o equipo que regala o gol ante un rival máis forte. Antes do descanso, fanse catro sustitucións para tratar de soster o equipo.
Na segunda metade, trás un toque de atención xeral sae con mais ímpetu o visitante que consegue empatar ,novamente a balón parado, donde Joel remata un corner botado dende o costado esquerdo.
Non cambiou a historia ata o final, os locais máis preto do segundo e o Balaídos incapaz de entrar en ritmo de partido.
Balaidos Femenino 1 – 5 Chispa Fc
Partido marcado polo mal inicio das nosas xogadoras no que, tras varios errores defensivos, permitiron ao equipo visitante adelantarse por cinco goles. Tralo parón para hidratarse, o equipo saiu asentado no campo e empezou a dominar o partido, conseguindo reducir a ventaxa rival con un gol.
Na segunda parte, é preciso destacar o enorme esforzo que fixeron todas as xogadoras que, a pesar de ser expulsada a porteira no minuto 60, seguiron dominando e xenerando todas as xogadas de peligro, faltando únicamente o premio do gol.
Goleadora: Faith
Senior Atletico Villar 2-4 Balaidos.
Partido vibrante disputado por dous equipos da parte alta da clasificación , marcado por un terreo de xogo de tierra , con calor e no que poder xogar facíase compricado, no descanso o resultado era de 1-1 , nun partido moi cerrado .
Nada mais saír de vestiarios o balaidos encaixaría o 2-1 , pero os rapaces responderon moi ben ó golpe , empatando rápidamente , e os cambios foron vitais para renovar a enerxia do equipo cando os dous equipos comezaban a sentir o cansanzo debido o calor , e o balaidos marcaba dous goles no último tramo do partido para levar 3 puntos clave na loita polo ascenso.
Senior femenino fútbol sala Balaídos 8-3 Ciudad de Pontevedra
un partido que tomamos con moita actitude e intensidade, tivemos moito acerto nas primeiras xogadas grazas a iso no minuto 5 marcaramos 3 goles , gran partido realizado polas nosas mozas para seguir así.