Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Cristo Victoria 6 – 1 Xuvenil “B”
ORGULLO É POUCO
Gran primeira parte do equipo,empezando gañando moi pronto e con intensidade desde o primeiro momento
Remóntannos no final da primeira parte e ímonos ao descanso perdendo 2-1
Na segunda parte xa sabiamos que o rival ía ir a por todas e íannos a poñer as cousas difíciles
O equipo tivo que esforzarse e o físico xa non lle daba ao equipo,xogar onte co Xuvenil A pasou factura e os xogadores no campo notárono
Pítannos penalti en contra,un gol máis,de seguido, sentenza o partido e no final métennos dous máis e quedamos 6-1
Eliminados de Oitavos
Cabe destacar, único equipo que pasara do grupo 3 de Terceira.
Goles
×1 Juanillo

Mosende 1 – 0 Senior
Partido durísimo, nun campo de dimensións moi reducidas e contra un equipo de moitísimo poderío físico e xogo aéreo, intentamos facer o noso xogo pero eles a través do seu xogo en longo , balón parado , saques de banda á área etc van empuxando cara á túa portería e faise difícil, quero destacar que os rapaces o deron todo , mesmo no último cuarto de hora tivemos un pau e un man a man co porteiro pero nos faltou un pouco de acerto , de todos os xeitos se hai que perder dalgunha forma ten que ser como hoxe , e contra un rival que desde que acabou o partido é de primeira rexional , o Louro perdeu co cal quedamos cun posto de marxe co descenso , se hai un arrastre estariamos salvados , se hai dous xa caeriamos a terceira, ata aquí chegou a liga para nós , agora a por a copa 😅💪
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar